GALICIA
O 061-Galicia asistiu a 77 persoas por 58 accidentes de circulación durante a fin de semana
Dende as 15:00 horas do venres 5 de febreiro ata as 23:59 horas do domingo 7 de febreiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 58 chamadas por accidentes de tráfico.
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 77 persoas debido a 58 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 5 de febreiro ata as 23:59 horas do domingo, 7 de febreiro. O día da fin de semana que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 29 accidentes.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 72 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 58 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 77 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 60 e 40 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 45,5 por cento dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.
Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 23 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 74. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a cinco sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 59 ocasións e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete sinistros. As ambulancias convencionais mobilizáronse en tres ocasións.
En 64 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e dúas persoas faleceron no punto do accidente.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191