Provincia
Cortado un tramo do Túnel de A Cañiza debido ao incendio dun camión
O incendio dun camión obrigou esta madrugada a interromper a circulación na A-52, dirección Madrid, concretamente, nun tramo do Túnel de A Cañiza. Ás 03:30 horas de hoxe, varios particulares informaban ao CAE 112 Galicia do suceso que, de inmediato, alertou aos Bombeiros de Ponteareas.
Unha vez no punto, os efectivos de extinción confirmaron que o camión ardía por completo e que, o fume afectaba ao interior do túnel. Por iso, os axentes de tráfico víronse obrigados a desviar o tráfico pola N-120. Ademais dos bombeiros e da Garda Civil de Tráfico, o persoal do 112 Galicia informou ao persoal do servizo de mantemento da estrada e do Concello, e, solicitou a colaboración dos efectivos do GES de Ribadavia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115