Provincia
Un falecido e tres feridos a causa da explosión dunha bombona en Vigo
Unha persoa faleceu e tres resultaron feridas ao estourar unha bombona nunha vivenda en Vigo. Numerosos particulares chamaron ao CAE 112 Galicia ao redor das 09:00 horas de hoxe, para pedir axuda. Aseguraban que se trataba da explosión dunha bombona no sexto andar dun edificio situado na Rúa San Salvador. Indicaban que había varios pisos do edificio afectados e que podían ser precisas varias ambulancias.
De contado, dende o 112 Galicia se alertou aos bombeiros da cidade e a Urxencias Médicas. Os alertantes, indicaron ademais que, debido ao estoupido produciuse un incendio na vivenda e parte da fachada do edificio derrubouse, o que provocou, a caída de cascotes sobre os vehículos que transitaban pola rúa. Os bombeiros confirmaron ao CAE 112 Galicia que todo o edificio se viu afectado e unhas 40 persoas tiveron que ser desaloxadas das súas vivendas. Igualmente, sinalaron que un escape de gas nunha bombona de butano foi a causa da deflagración.
Ademais dos medios de extinción e dos técnicos sanitarios, o 112 Galicia requiriu a intervención dos axentes da Policía Nacional e Local e a dos efectivos de Protección Civil. Dous dos feridos foron trasladados polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia e un deles foi atendido no mesmo lugar onde ocorreron os feitos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115