Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 10 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

Marnotes González visita a Axencia de Colocación de Mos para coñecer o Plan Integrado de Emprego

Entre elas, o PIE Mos 3.0, conta con 90 usuarios/as e onte recibiu a visita do director xeral de Orientación e Promoción Laboral, José Alfonso Marnotes, quen o puxo como exemplo para outros Concellos

[Img #22890]

 

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, José Alfonso Marnotes González, visitou hoxe a Axencia de Colocación de Mos para coñecer de primeira man o Plan Integrado de Emprego, PIE Mos 3.0, acompañado pola alcaldesa Nidia Arévalo Gómez, e o concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Óscar Soto Abadín. Marnotes puxo o Plan Integrado de Mos como un exemplo a seguir para outros municipios.

 

O Plan Integrado de Emprego Mos 3.0, que se atopa xusto no seu ecuador ó levar en marcha xa seis meses, forma parte da estratexia en política de emprego deseñada para a presente lexislatura e que se engloba baixo o título Mos Territorio de Oportunidades. Neste sentido Arévalo, rexedora local mosense, declaraba esta mañá que “o de Mos caracterízase por ser un Concello que dá prioridade ó emprego”.

 

Esta iniciativa conta co apoio económico da Xunta de Galicia que financia o Plan por medio dunha subvención de 281.506,97 euros.

 

Benefícianse desta acción un total de 90 usuarios/as do Plan Integrado de Emprego Mos 3.0. Entre estas 90 persoas hai 42 mulleres, 48 homes, 37 menores de 25 anos, 40 entre 25 e 40 anos e 12 maiores de 40 anos. En canto ós seus perfís por nivel de estudos 26 teñen estudos primarios, 28 Graduado en ESO, 29 ciclos formativos, 3 Bacharelato e 3 estudos universitarios.

 

Aproveitando a visita do director xeral fíxose balance dos resultados do PIE que, nos seus seis primeiros meses de traxectoria, logrou xa 29 insercións laborais entre os seus 90 usuarios/as. Ademais organizáronse e leváronse a cabo para eles un total de 21 accións formativas nas que participaron 83 dos 90 usuarios do Plan.

 

Existe unha importante colaboración empresarial con este proxecto, e se contactou coas empresas colaboradoras dos máis diversos sectores, para detectar os perfís profesionais que estas demandan,  ofrecendo así aos  usuarios do plan, actividades formativas adaptadas a estas necesidades  e realizando convenios de colaboración para realizar as prácticas profesionais coa posibilidade de futuras contratacións.

 

O Plan Integrado de Emprego Mos 3.0, que se prolongará ata finais de agosto deste ano, inclúe sesións de orientación laboral personalizadas con cada un dos usuarios do plan para valorar o seu perfil profesional, detectar as necesidades formativas de cada un deles e establecer un itinerario personalizado de inserción laboral.

 

As accións formativas transversais a realizar por todos os usuarios ata o remate do Plan son cursos de formación en competencias dixitais básicas para o emprego, curso de introdución ás relacións laborais, curso de inglés adaptado segundo niveis, e curso de redes sociais para a procura de emprego.

 

As accións formativas segundo cada perfil profesional que os alumnos e alumnas están a levar a cabo son: un curso atención ao público con nocións de paquetería e escaparatismo, un curso preparatorio para a ESO, un curso preparatorio para a obtención do carné de conducir B, un curso carretilleiro, un curso de acompañante de autobús escolar, un de inglés, outro de controlador de accesos, outro de manipulador de alimentos e un curso sobre alerxias alimentarias.

 

No segundo semestre do PIE impartiranse novos cursos tales como: carretilleiro, certificado de profesionalidade de operacións básicas de cociña, camareiro, limpeza, operario de almacén, técnicas de venta, programas informáticos para administrativos, atención ao cliente e televenta, prevención de riscos laborais, reparación de pantallas de dispositivos móviles, caixeiro repoñedor, competencias dixitais e inglés intermedio.

 

Selo de excelencia

 

A Axencia de Colocación de Mos certifica ás empresas colaboradoras do PIE cun selo de calidade empresarial que acredita o seu compromiso social coa creación de emprego.

 

Este selo vai dirixido ás entidades que colaboren, de maneira voluntaria e sen contraprestación, no Plan Integrado de Emprego PIE Mos 3.0 que o Concello de Mos está a desenvolver.

 

“O Concello de Mos”, declaraba o edil Óscar Soto esta mañá, “quere valorar o apoio á creación de emprego de calidade e quere, ademais, que estas entidades poidan dar visibilidade do seu compromiso coa mellora social”.

 

As entidades poderán optar a diferentes versións do selo, segundo o tempo e os recursos dedicados a favorecer a integración no mercado de traballo das 90 persoas desempregadas que están a ser beneficiarias do PIE ‘Mos 3.0’. Polo que se diferenciará entre aquelas entidades que faciliten prácticas, as que realicen contratos laborais e as que se comprometan a manter os devanditos contratos no longo prazo.

 

Desde o inicio da súa participación no PIE Mos 3.0, as entidades poden exhibir o selo na súa páxina web e medios publicitarios, nos seus produtos, locais e documentos, para comunicar o seu exemplar comportamento como entidade socialmente responsable en materia de emprego.

 

As acreditacións e galardóns finais serán entregadas nun acto público a cada unha das entidades colaboradoras,  unha vez concluído o Plan Integrado de Emprego PIE Mos 3.0.

 

Dentro dos obxectivos que se están desenvolvendo dentro do Plan Integrado de Emprego ‘Mos 3.0’ está o fomento do emprendemento, como forma de autoemprego. Para iso, está a apostarse pola formación e a mentorización, que consigan motivar e impulsar a creación de entidades polas persoas beneficiarias do PIE Mos 3.0. Estas entidades, tamén terán a súa propia categoría de selo como entidade emerxente ao amparo do PIE Mos 3.0, para que poidan facer uso do mesmo nos seus documentos, materiais, redes sociais, etc.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.