O Porriño
Detidos dous presuntos maltratadores no Porriño
![[Img #22891]](upload/img/periodico/img_22891.jpg)
Axentes da Policía Local do Porriño realizaron nos días pasados varias actuacións contra dous presuntos autores de delitos de violencia de xénero cometidos no concello.
Un veciño de Mos de 23 años, foi arrestado logo da chamada da súa ex parella á Policía.Os axentes dirixíronse a unha vivenda da rúa Domingo Bueno onde comprobaron que "o home insultaba e ameazaba de morte á denunciante". Polos feitos procederon á súa detención como presunto autor dun delito de violencia machista pasando ás dilixencias e o denunciado a disposición xudicial.
Ademais, as axentes detiveron a outro home, veciño do Porriño de 44 anos, acusado de "agredir na rúa á súa parella á que causou varias lesións". A Policía Local fora alertada por unha chamada telefónica na que avisaban de que "un home estaba pegando a unha muller preto do mercado de Abastos".
Cando os policías chegan ao lugar asisten á vítima e chaman a unha ambulancia que a traslada a un centro médico. Logo de falar con varias testemuñas dos feitos que relatan a agresión, os axentes localizan ao presunto agresor e proceden ao seu arresto como suposto autor dun delito de violencia de xénero, pasando as dilixencias e o suxeito a disposición xudicial.
Roubo dun vehículo
Por último, o pasado domingo, preto das 4 da tarde, unha persoa telefónea ao 092 para denunciar o roubo dun coche, modelo Mercedes Sport. A Policía Local localiza o coche sobre as 9 da noite dese mesmo día confirmando que o seu roubo fora denunciado nas dependencias da Garda Civil.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115