PONTEAREAS
O PP de Ponteareas leva ao plenao da corporación Municipal dúas obras urxentes
A Consellería de Medio Rural acaba de aprobar o Plan Marco de Mellora de Camiños Municipais 2016, cun orzamento de preto de 20 Millóns para todo Galicia, co "obxectivo de mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais a través das infraestruturas básicas municipais". Este novo Plan Marco esta cofinanciado ao 75% con fondos FEADER, no marco do PDR de Galicia 2014-2020 e dá continuidade ás accións que se desenvolveron no período 2007-2013, dentro do Programa “Plans de Mellora das Infraestruturas no medio rural”, no que a última obra realizada en Ponteareas foi a pavimentación da estrada de Mouro a Cillarga.
Recordar que en anteriores lexislaturas, dentro do Plan de Obras Municipal, foron moitas as obras de pavimentación e mellora de camiños realizados polo anterior goberno municipal, que garantiron o acceso pavimentado a moitas das vivendas dos nosos veciños e veciñas.
Ao Concello de Ponteareas correspóndelle deste Plan Marco, para este ano 2016, unha achega de preto dos 90.000 euros, polo lo que continuando con esta prioridade e obriga do Concello, son varias as obras que polo seu estado actual fan necesario segundo o PP unha urxente actuación de mellora dos seus pavimentos.
En consecuencia, tendo en conta todas estas cuestións e dada a importancia e urxencia que ten aprobar estas actuacións dentro deste Plan da Xunta de Galicia, o Grupo Municipal do Partido Popular de Ponteareas proporá ao Pleno Municipal a solicitude das seguintes obras prioritarias como son o pavimentado da estrada dende o cruce do Misto ao barrio de Cillarga (Ribadetea), ou a estrada que vai dende a N-120 no Matadoiro aos barrios de San Vicente e Canedo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149