Miércoles, 17 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 11 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
O Porriño

Preto de 1.000 vivendas do Porriño poden conectarse xa á rede xeral do saneamento

[Img #22917]Un total de 960 vivendas do Porriño poden engancharse xa a rede xeral de saneamento logo do remate das obras que abrangue o proxecto de Accións Prioritarias acometidas polo Concello. Como se comprometeran a alcaldesa, Eva García de la Torre, o concelleiro de Vías e Obras e primeiro tenente de Alcalde, Manuel Carrera, as melloras estaban rematadas a principios deste ano e, logo de que se efectuase a súa recepción municipal e por parte do Consorcio do Louro- como se fixo no Comité Directivo do pasado día 1,xa e posible realizar ás conexión á mesma.

Veciños de Chenlo, Mosende, Pontellas, Torneiros, Cans ou a bisbarra de Carracido, xa poden enganchar as súas vivendas á rede xeral. Para elo teñen que ter rematado os trámites diante co Consorcio do Louro e, no caso de non telos feitos, dirixirse ás oficinas que este organismo ten no Porriño.

Manuel Carrera subliña que trátase “dunha obra de vital importancia para os porriñeses” coa que se incrementa “de xeito moi notable” a porcentaxe de familias do concello que poden conectar coa rede xeral do saneamento, “tal e como se comprometera o goberno local dende que empezara a súa xestión hai algo máis de 6 meses”.

O primeiro tenente de alcalde subliña que o orzamento total deste proxecto superou os 3 millóns de euros, unha inversión posible logo do acordo entre o Concello do Porriño e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

Manuel Carrera quere pedir desculpas aos veciños polos prexuízos e molestias que tiveron que sufrir durante o tempo que tardaron en rematar estas melloras, agradece a súa comprensión e lembra que este é “un paso moi importante e definitivo para o saneamento integral de todo o concello antes de que remate este mandato”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.