Galicia
Día europeo do número único de emerxencias 112
![[Img #22918]](upload/img/periodico/img_22918.jpg)
O 11 de febreiro de 2009, a Comisión Europea asinou unha declaración conxunta co Parlamento e Consello Europeos, para establecer esta data como o “Día Europeo do 112”. Neste data organízanse diferentes actividades de sensibilización en toda a UE para promover a existencia e uso do número único europeo de emerxencias 112.
A comisión considera o número 112 como un dos instrumentos claves para a libre circulación de cidadáns dentro da UE. Este é o motivo polo que en 1991 se creou o número 112 que foi introducíndose progresivamente en todos os países da UE.
O obxectivo é seguir dando a coñecer a existencia deste servizo xa que, cada vez son máis frecuentes as viaxes e desprazamentos por Europa. Cada ano, 150 millóns de europeos viaxan a outro estado membro, por traballo ou por pracer e o 65% deles, séntense menos seguros cando están fóra do seu país. Este é o motivo polo que en 1991 se creou o número 112 que foi introducíndose progresivamente en tódolos países da Unión Europea como único número a través do cal se pode contactar cos servizos sanitarios, bombeiros e policía.
O Goberno galego ten o firme convencemento de que hai que seguir concienciando aos cidadáns dos beneficios deste número de emerxencia común, gratuíto e dispoñible as 24 horas, tódolos días do ano e en toda a Unión Europea, ademais de facer fincapé no uso correcto desta chamada de emerxencia, evitando mobilizar os recursos incorrectamente ou cando sexa innecesario.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191