Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 11 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
Galicia

Un temporal de nivel laranxa por choiva afectará ao interior da provincia de Pontevedra

A precipitación acumulada en 12 horas poderá superar os 80 mm e prolongarase durante a fin de semana

[Img #22919]

 

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa por choiva que afectará ao interior da provincia de Pontevedra nas vindeiras horas.

 

Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a última hora desta tarde iniciarase un fenómeno meteorolóxico adverso por choiva no interior da provincia de Pontevedra, que se prolongará durante a fina de semana. A precipitación acumulada en 12 horas poderá superar os 80 mm. O resto das provincias permanecerán en alerta amarela por choiva, cunha previsión de acadar os unha precipitación acumulada en 12 h superior a 45 mm.

 

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación de meteoroloxía adversa aos concellos, Deputación, asociacións de Voluntarios de Protección Civil e Bombeiros; así como aos organismos das administracións estatais, locais e autonómicos e empresas correspondentes.

 

Tamén recordáselle á poboación á importancia de seguir as medidas de protección como vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras ou circular con precaución nas estradas, especialmente se utilizan vehículos lixeiros como bicicletas ou ciclomotores.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.