Jueves, 16 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 12 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

O Pavillón Óscar Pereiro será mellorado grazas a un proxecto municipal

Trátase da infraestrutura deportiva máis utilizada do municipio con 4.000 usuarios á semana

[Img #22922]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Deportes e tenente alcalde mosense, Alberto Méndez, informaron hoxe de que o Concello de Mos está a redactar un proxecto de mellora do Pavillón Óscar Pereiro, cun orzamento que ascende a 150.000 euros, e que se pretende poñer en marcha neste ano 2016.

 

Son obras consideradas de gran importancia por parte dos representates municipais por tratarse estas dunhas instalacións deportivas cunha enorme afluencia de usuarios, moitos deles nenos/as e nais/pais en horario de tarde. Tal é o uso deste pavillón municipal que á semana pasan por el unha media de preto de 4.000 persoas.

 

O Pavillón Óscar Pereiro está conformado por unha edificación de certa antigüidade e cuxo deterioro normal polo paso dos anos requería dun proxecto de mellora integral deste tipo.

 

As tres liñas de actuación que contempla este proxecto de mellora do Pavillón Óscar Pereiro son: Novos vestiarios para a piscina, que darán servizo principalmente á demanda de grupos de nenos pequenos, que son acompañados por adultos. Para iso, executarase unha estrutura encostada ao edificio principal, entre o pavillón deportivo e a piscina, o que permite engadir 150 metros cadrados de superficie para a creación de dous novos vestiarios; a reparación de humidades no ximnasio, ocasionadas polas filtracións dos vestiarios da planta superior, que dan servizo á piscina. Será necesario localizar as posibles fugas e impermeabilizar o vestiario antes de revestir e pintar as zonas afectadas do ximnasio e a reparación da cuberta da piscina mediante a substitución do cerramento actual e a reparación dos elementos estruturais danados.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.