PONTEAREAS
O escritor Xabier Quiroga participou no Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Ponteareas
Xabier Quiroga participou o pasado 3 de febreiro na reunión do Club de Lectura da Biblioteca de Ponteareas. Xabier Quiroga falou da súa última obra Zapatillas rotas, Premio da Crítica 2014. A trama desta obra desencadéase cando o señor Xaquín desaparece por sorpresa da residencia de anciáns na que, voluntariamente, pasa os derradeiros anos da súa vida. A mobilización para dar con el provoca un enredo en cadea que, rapidamente, chegará ata extremos inusitados. Ao tempo que se produce esa delirante busca, os protagonistas, un vello e un parado, figuras paradigmáticas deste inicio de século, van espertar unha historia do pasado que semellaba durmida.
Ademais Xabier Quiroga compartiu amablemente cos membros do Club de Lectura a súa experiencia como escritor e falou en xeral sobre a literatura, o mundo editorial etc.
Club de Lectura
O Club de Lectura da Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas está formado, na actualidade, por 16 persoas que se reúnen unha vez ao mes para falar sobre un libro, que cada quen le na súa casa. Logo, na xuntanza mensual, fálase de todo o relativo ao libro elixido, dende a temática do mesmo ao estilo literario, pasando pola acción, personaxes ou calquera aspecto da obra lida.
Nesta “conversa” mensual, as opinións que se intercambian enriquecen a impresión inicial que cada quen, na súa lectura en solitario, saca sobre o libro. É importante subliñar que o Club de Lectura de Ponteareas, non é unha reunión de especialistas en literatura, senón de lectores que incrementan o pracer da lectura compartíndoo cos demais.
O Club de Lectura forma parte das iniciativas que desenvolve a Biblioteca Pública Municipal de cara a fomentar o hábito da lectura entre os adultos -xa que os máis cativos dispoñen de actividades propias como o semanal contacontos- e, ao mesmo tempo, favorecer o préstamo domiciliario de libros, unha das funcións básicas de todo centro bibliotecario público.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149