GONDOMAR
A Deputación e o Concello colaborarán en proxectos comúns para toda a lexislatura
O Concello de Gondomar recibe este ano case 900.000 euros do Plan Concellos da institución provincial, un 24 % máis que en 2015.
![[Img #22941]](upload/img/periodico/img_22941.jpg)
Na súa primeira visita oficial a Gondomar a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, garantiulle ao alcalde, Francisco Ferreira, a máxima colaboración da institución para estudar algún dos proxectos que o Concello ten previstos para esta lexislatura. O municipio do Val Miñor recibe este ano 875.932 euros dentro do reparto equitativo do Plan Concellos da Deputación, 170.000 euros máis que no pasado ano 2015, un 24 % máis.
Silva explicou o novo modelo provincial, que terminou coa discriminación na repartición do financiamento, "de tal forma que agora todos os concellos da provincia saben con canto diñeiro van contar, e que, ademais, se realizou por primeira vez con criterios obxectivos e transparentes". Precisamente, Gondomar foi un dos primeiros concellos da provincia que solicitou financiamento para a contratación de 19 traballadores co fin de responder ás necesidades deste municipio do Val Miñor, dentro do novo plan de emprego, que ampliou o número de horas, subiu os salarios e se modificou para adecuarse á organización do traballo nos concellos. En concreto, serán 3 peóns medioambientais, 1 palista e 15 peóns de obras públicas.
A reunión de traballo cos membros do goberno municipal desenvolveuse nun clima de total cordialidade e procura de fórmulas de entendemento. Nela a presidenta valorou a posibilidade de que a Deputación poida colaborar nalgúns dos proxectos que o Concello de Gondomar formula poñer en marcha nesta lexislatura. Os dous máis importantes son a realización de estudos para a humanización e reordenación da praza do Concello e o futuro traslado do campo de fútbol de Vincios fóra do polígono industrial da Pasaxe, no que actualmente desenvolven a súa actividade preto de 200 empresas e 3.000 traballadores.
A Deputación de Pontevedra tamén estudará a posibilidade de colaborar na elaboración do deseño doutros proxectos que expón o Concello, coma a futura ampliación do pavillón, a humanización da praza da Igrexa, a mellora do estacionamento no colexio de Peitieiros ou o peche do recinto do colexio de Vincios.
Así mesmo, a presidenta explicoulle ao alcalde Ferreira as melloras introducidas na política de anticipos aos concellos, que, cun interese do 0 %, poden dedicar ese diñeiro a investimentos prioritarios para as súas veciñas e veciños, e os detalles do Plan MOVESE, ao que Gondomar tamén presentou as melloras que se acometerán na rede de estradas provinciais que pasan polo municipio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149