Provincia
A provincia de Pontevedra absorbe o maior número de incidencias por mor da chuvia
![[Img #22948]](upload/img/periodico/img_22948.jpg)
O 60 por cento do total das incidencias rexistradas en Galicia por mor da chuvia (45) se produciron na provincia de Pontevedra. Nas últimas catro horas, os concellos de Vigo, Pontevedra e Porriño sufriron diversos anegamentos en rúas e estradas e mesmo algún corremento de terra e pedras.
De feito, en Poio, a caída dun muro de contención sobre dúas vivendas unifamiliares situadas na Rúa Illa de Tambo, zona da Caeira, Poio, sorprendeu aos veciños, que rápido chamaron ao 112 Galicia. Incluso solicitaron asistencia sanitaria para unha muller que estaba a sufrir unha crise nerviosa. Ademais dos técnicos de Urxencias Médicas, os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias informaron aos Bombeiros do Salnés e aos membros do GES de Sanxenxo e Protección Civil da localidade. Ata a zona da Caeira, se desprazou tamén unha patrulla da Policía Local.
O 112 Galicia rexistrou a incidencia ás 10:30 horas de hoxe. Por outra banda, en Ponteareas, media hora máis tarde, o 112 Galicia tivo constancia dun restaurante de Moreiras que está completamente anegado, segundo afirmou o seu propietario. Indicou que a crecida do río inundou o baixo e, para resgardarse, deben permanecer na planta alta. Os xestores do 112 Galicia pediron a colaboración dos bombeiros da vila e do Porriño.
As inundacións e mesmo a formación de bolsas de auga en rúas e estradas, así como a entrada de auga en baixos e vivendas supuxeron o 48 por cento (22) do total das incidencias causadas pola chuvia (45), seguidas dos desprendementos de terra, que sumaron 11 intervencións, isto é, un 24 por cento. No resto das provincias, na Coruña se contabilizaron 10 incidencias; en Ourense, 5; e en Lugo, 3.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191