Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 15 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta propón ubicar a futura Cidade da Xustiza de Vigo no edificio do antigo Hospital Xeral

O vicepresidente, Alfonso Rueda, reuniuse cos principais axentes xurídicos da cidade, que acolleron a medida con gran agrado.

[Img #22955]

 

A Xunta valora a posibilidade de converter o edificio do antigo Hospital Xeral para que albergue a Cidade da Xustiza. Así o anunciou o vicepresidente, Alfonso Rueda, tras unha xuntanza cos principais axentes xurídicos da cidade para analizar a situación na que se atopa o proxecto da Cidade da Xustiza de Vigo.

 

Na reunión Rueda estivo acompañado do delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, co que coincidiu en que o edificio do Xeral representa unha boa alternativa para todos os vigueses e incidiu en que “é viable xurídica, urbanística e economicamente”.

 

Ademais, o vicepresidente destacou que a proposta, aínda que hai que explorala, foi moi ben recibida polos axentes xurídicos e espera que así o sexa polo Concello, xa que se abre unha gran posibilidade para Vigo e para iso é necesario contar co visto bo do Concello. “Merece a pena intentalo”, enfatizou o número dous da Xunta.

 

Por ese motivo, e unha vez coñecido o respaldo dos principais usuarios do futuro edificio, Rueda explicou que o seguinte paso será dirixirse inmediatamente ao alcalde para explicarlle a proposta e coñecer se tamén está a favor dela, así como coa Tesourería da Seguridade Social, propietaria do inmoble, para explorar a posibilidade da cesión.

 

A nova proposta presenta numerosas vantaxes. Daríaselle uso a un edificio emblemático, que contribuiría a dinamizar a cidade e concentraríase nun só edificio e no centro de Vigo toda a actividade xudicial. Ademais, permitiría gañar espazo respecto ao proxecto actual r probablemente estaría en funcionamento nun prazo máis breve do tempo.

 

Rueda indicou que no caso de que esta nova proposta non fose aceptada por algunha das partes, seguiríase adiante co proxecto de construción da coñecida Cidade da Xustiza de Vigo, para a que xa existe un proxecto básico e orzamento consignado de ao redor de 24 millóns de euros.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.