DEPORTES
A Deputación de Pontevedra acolle a presentación do grupo deportivo ciclista “Supermercados Froiz”
![[Img #22958]](upload/img/periodico/img_22958.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o fundador da empresa Froiz, Magín Froiz, acompañados pola deputada de deportes Chelo Besada, concelleiros de Pontevedra e Poio e o ex ciclista Álvaro Pino, acolleron ó grupo deportivo ciclista “Supermercados Froiz” na presentación da plantilla de corredores e corpo técnico.
Magín Froiz, quen amosou o seu agradecemento á Deputación de Pontevedra polo apoio prestado, destacou que a aposta da empresa polo equipo ciclista “débese a que cremos que o deporte fai ás persoas máis responsables”.
Pola súa banda, Carmela Silva subliñou que “as administracións públicas debemos apostar polo deporte pola súa capacidade para o fomento de hábitos saudables pero, sobre todo, por ser un dos instrumentos máis importante de socialización”. Neste contexto, a Presidenta destacou o exemplo e responsabilidade social da empresa Froiz, “que aporta parte dos seus beneficios en apoiar ó deporte”.
Amais, Carmela Silva manifestou que “un dos deportes que ten dado máis satisfacción á provincia de Pontevedra é o ciclismo, de feito temos aquí a un dos grandes ciclistas do noso país, Álvaro Pino, que levou o nome da nosa provincia polo mundo adiante”. A Presidenta rematou desexando moito éxito deportivo ó grupo ciclista “Supermercados Froiz”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149