Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 17 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Represas pedirá responsabilidades a González Solla pola sentenza que obriga ao Concello a pagar 21.800 euros a unha veciña

O Xulgado número 3 da localidade condena ao consistorio a pagar esta cantidade polos ruídos dunha discoteca.

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, valorou a sentenza indicando que “unha vez máis Ponteareas paga, con cartos, a incompetencia e a ineptitude do anterior goberno do PP presidido por González Solla”. O alcalde adiantou que solicitará informes xurídicos para valorar a posibilidade de reclamar ao ex alcalde e á súa equipa de goberno os case 22.000 euros que o Concello terá que pagar.


Neste caso, a veciña afectada polos ruídos interpuxo no xulgado reclamación de responsabilidade patrimonial fronte ao Concello de Ponteareas por non adoptar medidas dende 2009 para evitar os ruídos.


A sentenza dá a razón á veciña e salienta que a afectada soportou no interior da súa vivenda durante máis de 5 anos e de forma continuada niveis de ruídos considerablemente superiores aos permitidos. Segundo o tribunal, ditos ruídos foron constatados nun total de 24 medicións realizadas pola policía local e afectaron “necesariamentea la salud física y mental” da afectada.


Represas pediu perdón en nome do Concello á veciña afectada: “é a miña obriga ética como alcalde a pesar de que a responsabilidade política é doutros, que deberían pedir perdón e pagar os danos”, sinalou Represas, quen lembrou que “o actual goberno foi quen decretou o peche do establecemento” e animou aos veciños a “recorrer ao concello cando se vexan afectados por ruídos, porque agora hai un goberno que fai cumprir a lei e protexe aos cidadáns”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.