Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 16 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas dedicará unha rúa a Rogelio Groba

A proposta será levada ao próximo pleno da corporación e conta co consenso de todos os grupos.

[Img #22976]

A actual rúa Darío Bugallal, situada ao carón da Casa do Concello, pasará a chamarse rúa Rogelio Groba Groba, unha vez que o pleno municipal que se celebrará este 16 de febreiro aprobe unha proposta que xa foi acordada por todos os grupos da Corporación.


Rogelio Groba tiña a súa vivenda na rúa Darío Bugallal, político e notario ponteareán que foi deputado no Congreso dos Deputados en tres lexislaturas diferentes que transcorreron entre finais do século XIX e inicios do século XX.


Rogelio Groba Groba, Fillo Predilecto de Ponteareas, naceu en Guláns o 16 de xaneiro de 1930 e dedicou a práctica totalidade da súa vida á música, dándolle a Galicia un pulo importante no eido da chamada “música culta”. Primeiro como instrumentista (en A Unión de Guláns), logo como director de bandas (A Unión, as municipais de A Estrada, Tui, Ponteareas, Pedro Muñoz –Cidade Real- e A Coruña, ademais de varias “harmonies” e “fanfares” en Suíza), de coros (a “Masa Coral Estradense”, o “Rosalía de Castro” da Casa Galega en Madrid, “Follas Novas” e “El Eco” en A Coruña), ou de orquestras (a Orquestra do Conservatorio Superior de Música de A Coruña, a Orquestra de Cámara Municipal de A Coruña e, ocasionalmente, a Real Filharmonia de Galicia ou a London Symphony Orchestra).


Foi nomeado Compositor Asociado á Orquestra Sinfónica de Galicia no ano de nacemento desta última. Exerceu, ademais, como profesor de Harmonía, Contrapunto e Fuga, e Composición no Conservatorio Superior de Música de A Coruña, do que foi director durante vinte anos, e fundou numerosos conservatorios dentro da xeografía galega.


Con todo, o seu gran legado é o da composición. Rogelio Groba Groba compuxo, ata este momento, preto de 700 títulos con obras dos máis variados xéneros e estilos, dende pequenas cancións tradicionais ata sinfonías, óperas, cantatas, música sinfónica, de cámara, para banda, entre outras.


Coa proposta de dedicar unha rúa a Rogelio Groba Groba perpetúase o recoñecemento de Ponteareas a un dos compositores galegos máis importantes da nosa historia e que puxo a Galicia ao mesmo nivel musical que os moitos outros países países de Europa.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.