Galicia
A APSC reclama a Xunta máis presenza do galego nos medios
O comité europeo subliña que “o goberno galego non parece moi activo a hora de asegurar que se cumpre o mínimo do 50% da programación en galego de, por exemplo, as licenzas autonómicas da TDT, lamenta a ausencia dun xornal impreso en galego así como os recortes as subvencións que levaron o peche de publicacións en galego”.
![[Img #22978]](upload/img/periodico/img_22978.jpg)
A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) reclama á Xunta de Galicia a aplicación e posta en práctica do relatorio que o comité de expertos da Carta das Línguas Rexionais do Consello de Europa ven de publicar no seu cuarto informe para España. Con respecto a Galicia, o devandito informe sinala que cúmprese so “parcialmente” varios dos compromisos coa língua galega nos medios de comunicación. En concreto, chama a garantir a presenza do galego nas televisións e radios privadas, nos medios impresos e a promoción da recepción en Galicia das radios e televisións portuguesas, así como tamén recomenda as autoridades de Castela-León a promover a creación de medios en galego para a comunidade galego-falante nese territorio.
A APSC bota de menos, áparte dun regulamento específico, a falla de axudas á multitudes de pequenos medios que loitan por sobrevivir en galego
O comité subliña que “o goberno galego non parece moi activo a hora de asegurar que se cumpre o mínimo do 50% da programación en galego de, por exemplo, as licenzas autonómicas da TDT, lamenta a ausencia dun xornal impreso en galego así como os recortes as subvencións que levaron o peche de publicacións en galego”. Subliña que a Xunta cumpre co mínimo requerido de “facilitar a creación de polo menos una radio e unha televisión en galego”, referíndose a TVG e RG.
Neste sentido, a Asociación de Periodistas de Santiago ven tamén de analizar as derradeiras axudas económicas que a Xunta de Galicia destinou aos medios de comunicación seguindo o estipulado nas resolucións do DOG nº29/2015 e nº17/2015 e que ascenderon a 1,7 € millóns. Estes cartos se repartiron en 2015 en concepto de axudas como campañas publicitarias ou subvencións a fondo perdido, subscritas mediante convenios bilaterais, entre os que se atoparon conceptos como falar das “potencialidades de Santiago” ou “fomento da lectura”.
Do citado reparto, os grandes grupos xornalísticos galegos, onde a presenza da língua galega é residual cando non de “compromiso litúrxico” como no Día das Letras ou no 25 de Xullo, foron os máis beneficiados, singularmente os grandes grupos mediáticos galegos, con diferenza o Grupo Voz con 709.891 €. A APSC lamentou no seu día a desaparición de medios escritos en galego como “Galicia hoxe”, “A Nosa Terra” ou “Vieiros”, sendo cada vez máis cativa a presenza do galego nos medios tanto impresos, como audiovisuais ou dixitais.
A APSC bota de menos, áparte dun regulamento específico, a falla de axudas á multitudes de pequenos medios que loitan por sobrevivir en galego como emisoras locais de radio e televisión, moitas délas comarcais ou municipais (EMUGA, Emisoras Municipais Galegas), algunhas televisións locais, medios dixitais, ou illadas iniciativas privadas como é o caso de Radio Nordés (SER). Por todo isto, a APSC pide a Xunta o seguimento, control e monitorización das axudas aos medios con respecto a súa aplicación canto o idioma galego, así como un reparto proporcional cara os poucos que ó utilizan, en non preferentemente os grandes medios privados onde o galego é residual.
A APSC constata unha vez máis a falla de regulamento e criterio para o destino de cartos públicos para os medios de comunicación. No seu día ("Ayudas sin restar libertad”. 24.04.2009) a APSC elaborou un extenso e crítico informe sobre as axudas á prensa que foi elevado a consideración dos máximos organismos profesionais españois da FAPE (Federación de Asociacións de Periodistas de España). Hoxe como entón, a APSC amósase contraria as axudas arbitrarias oficiais que se implementan cara os medios de comunicación, moitas veces coa excusa do fomento da lingua. Sen embargo, e segundo o devandito informe, a APSC considerou positivo o apoio regulado e finalista ós medios sempre que serva para o mantemento dos postos de traballo, a calidade, e que non condicione en absoluto a independencia profesional.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191