Miércoles, 15 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 13 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

Tres persoas foron desaloxadas da súa vivenda en Mos ante o desprendemento de terra dunha pista do aeroporto de Peinador

[Img #22983]

 

En Mos, tres persoas foron desaloxadas dunha vivenda ante o risco de derrubamento provocado por unha avalancha de terra no lugar de Cerdedelo, parroquia de Torroso. Un dos propios implicados alertou ao CAE 112 Galicia e aseguraba que se desprendera unha importante cantidade de terra da pista de frenado do Aeroporto de Peinador enriba dunha caseta anexa á súa vivenda.

 

Como consecuencia disto, cedeu o muro de contención que separa o seu domicilio dos terreos aeroportuarios. Pola súa parte, o persoal do Aeroporto indicou que este derrubamento produciuse na zona perimetral e non afectou, en ningún momento, á circulación do tráfico aéreo.

 

Ata o lugar, alertados polo 112 Galicia ás 13:30 horas de hoxe, acudiron os Bombeiros do Baixo Miño e Protección Civil de Mos.

 

Outras incidencias


Tamén no concello de Crecente, o 112 Galicia rexistrou un importante corremento de terra. Neste caso, a ladeira dun monte próximo ao barrio de Mollapán cedeu ante a acumulación de auga provinte do desbordamento dun río. Como resultado, unha importante cantidade de terra, pedras e auga deixou intransitable a estrada que une o barrio co lugar de Freixo. Varias vivendas quedaron incomunicadas e só era posible o acceso a pé. Por fortuna, os seus residentes non sufriron ningún dano, pese a que indicaban que a auga entraba nas vivendas. Foi ao fío das 15:00 horas de hoxe.

 

A choiva tamén está a provocar que algunhas estradas da provincia cedan ante a acumulación de auga nos terreos lindantes, polo que se orixinan fochancas que poden comprometer a seguridade da vía. Igualmente no termo municipal de Crecente, a PO-422 viuse afectada na saída de Quintela ao ceder parte do seu firme.

 

Un caso similar rexistrouse en Redondela, onde un particular informaba dunha vía que cedera ante a choiva, no lugar de Angorén. Tamén en Redondela -onde esta mañá o Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias mobilizouse para liberar a acumulación de auga nas rúas da vila- seguen a producirse incidencias por mor de desprendementos. Varios particulares chamaban ao 112 Galicia para informar da presenza de terra e pedras á altura do cemiterio de Reboreda e no lugar de Saramagoso.

 

Non foi o único, posto que outro importante desprendemento tamén en Redondela, mantén cortada a N-552 á altura do Camiño do Regueiro, dende a noite pasada. Outras estradas da provincia permanecen intransitables debido a presenza de auga, pedras e terra. É o caso da DP-4306 ao paso por Mondariz.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.