O Porriño
O condutor dun turismo resultou ferido tras precipitarse por un terraplén en O Porriño
![[Img #22982]](upload/img/periodico/img_22982.jpg)
Os servizos sanitarios de urxencia atenderon esta tarde a unha persoa que resultou ferida tras sufrir un accidente de tráfico co seu vehículo.
Tratouse dun turismo que, tras sufrir unha saída de vía, precipitouse por un terraplén duns seis metros de profundidade. Por fortuna, puido saír polos seus propios medios e non foron necesarios medios de excarceración. Unicamente recibiu asistencia sanitaria no punto grazas a unha ambulancia que Urxencias Médicas mobilizou ao lugar.
O accidente aconteceu na coñecida como curva de Abelenda, na estrada que une os lugares de Mosende e Chenlo, no concello de O Porriño. Eran as 14.00 horas cando o CAE 112 Galicia recibiu a alerta. A partir de aí, informouse aos Bombeiros de Porriño, Protección Civil e Garda Civil de Tráfico.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129