Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 13 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
Provincia

O corredor do Morrazo, en sentido Cangas, continuará pechado ata que sexa “seguro”

As chuvias desta tarde produciron pequenos desprendementos do noiro, polo que técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas continúan traballando para restablecer a circulación neste treito o antes posible

[Img #22987]

 

A Xunta manterá pechado ao tráfico o Corredor do Morrazo, en sentido Cangas, ata que se rematen as actuacións que se están a executar dende onte para garantir a seguridade nesta vía.

 

O restablecemento da circulación por este treito, entre os PK 0 e 3 do corredor, estaba prevista para finais do día de hoxe, pero as fortes chuvias desta tarde produciron pequenos desprendementos do noiro na zona. Neste sentido, os técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas continúan traballando para resolver este problema o antes posible.

 

No día de hoxe están a traballar un total de tres camións e unha retroescavadora, que xa despexaron a calzada. Continúan coa instalación de barreiras no noiro para evitar a acumulación de auga e novos desprendementos.

 

A Axencia Galega de Infraestruturas tamén se coordinou coa Consellería do Mar para a colocación dunhas barreiras na liña litoral co fin de evitar que posibles vertidos poidan chegar ao mar.

 

Na primeira imaxe amósase a barreira instalada na zona do noiro desprendido e na segunda apréciase a calzada despexada tras os traballos realizados.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.