Mos
Mos acometerá este ano as obras de mellora do contorno e accesos do Centro de Día e a Casa Consistorial en Petelos
Os traballos serán financiados polo Plan hUrbe da consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, trasladoulle esta semana á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, que a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio colaborará co Concello no acondicionamento do exterior do Centro de Día e na mellora do vial que dá acceso dende a Casa Consistorial ao Centro de Día e ao cemiterio de Petelos. Trátase dunha actuación que se incluirá no Plan hUrbe, co obxectivo de humanizar e poñer en valor os equipamentos dos concellos galegos.
Terá un orzamento que ascende a 330.000 euros e quedará rematado neste mesmo ano
A alcaldesa indicou que se trata dunha actuación moi demandada por parte dos veciños, xa que se trata dunha zona de bastante tránsito que non reúne unhas condicións de acceso adaptadas. O Concello de Mos redactou un proxecto no que se detallan as actuacións e fases, para así poder asinar o antes posible un convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello.
Este proxecto, que leva redactado dende o ano 2009 e que ata o de agora non logrou financiación, ten un orzamento que ascende a 330.000 euros. A rexedora local avanzou que se trata dunha obra inmediata que se pretende contratar e finalizar este mesmo ano e que dá resposta, como xa se dixo, a unha serie de demandas veciñais dos habitantes desta zona da parroquia de Petelos. Sobre isto a rexedora local explicaba hoxe que “co pavimentado da área destinada a aparcadoiro xa se mellorou moito o contorno do Concello pero era necesario continuar a optimización desta zona e, ademais, unha esixencia do Bispado incluída no convenio de cesión da antiga Casa Reitoral para habilitala como Centro de Día”. En dito convenio especifícase o deber por parte da administración local de asumir o mantemento da zona, así como preservar a contención de terras do talud existente.
![[Img #22991]](upload/img/periodico/img_22991.jpg)
No proxecto inclúense entre outras melloras a creación de áreas verdes e a acometida de adoquinado no firme. Ademais o deseño baséase nunha fórmula mediante a que quedan completamente integradas as zonas superior (onde se atopa o Centro de Día) e a inferior (onde se sitúan o Concello, o cemiterio e a Igrexa de Petelos) creándose un todo harmónico que representa o contorno da Casa Consistorial mosense e que se trata dunha zona moi transitada por ser unha importante área de concentración de servizos municipais.
Ademais Arévalo informou de que se continuará coa rehabilitación da antiga Casa Reitoral de Petelos e hoxe Centro de Día adicado a persoas enfermas de Alzheimer e outras demencias. O obxectivo da alcaldesa é seguir a realizar novas fases deste proxecto ata lograr a rehabilitación completa durante a presente lexislatura. Neste sentido, manifestouse satisfeita porque indirectamente este proxecto exterior a acometer este ano tamén forma parte da mellora da antiga Reitoral e optimizará o seus accesos e contorno.
Detalles técnicos do proxecto
A partir da situación preexistente, por unha banda unha área de aparcadoiro residual e doutra banda un acceso único do cemiterio que dificulta tránsito e uso cotián, nace a proposta municipal que contempla, pola diferenza de nivel, a reorganización de todo a contorna dotando e cualificando os usos.
![[Img #22990]](upload/img/periodico/img_22990.jpg)
En primeiro lugar terase en consideración a topografía do terreo, que tomándoa como aliada, permite graduala cos obxectivos de reducir o impacto visual do noiro actual, permitir o acceso exterior graduado ás diferentes plataformas e niveis do cemiterio, o acceso rodado e peonil cómodo á parte superior do cemiterio, manter acceso á Casa Reitoral e parte superior e a contención e saneamento da cota alta do monte.
As obras consistirán fundamentalmente na renovación do pavimento contorna, garantir o acceso ao cemiterio a persoas con discapacidades, e integrar a actuación no conxunto edificatorio Igrexa-Centro de Día-Casa do Concello, co fin de que o espazo dispoñible hoxe en día creza e poida desprazar o seu epicentro de maneira que se afaste o máximo posible da autovía, xeradora de ruídos e fumes, e da ausencia de confort nos edificios e espazos exteriores de relación.
A parte máis ambiciosa desta proposta céntrase nos accesos ao cemiterio. Para iso proponse recolocar o acceso á casa parroquial, mellorando a circulación no aparcadoiro e permitindo mediante o novo viario acceder tanto en vehículo como peonilmente aos niveis superiores do cemiterio.
Este viario rematará na súa parte superior nunha rotonda que permite tanto o cambio de sentido dos vehículos como o acceso de persoas e comitivas fúnebres ao cemiterio.
Esta rotonda (rematada co cruceiro que se atopa na parte inferior desubicado) permitirá, mediante ramplas radiais ou escaleiras transversais, o acceso aos tres últimos niveis de nichos do cemiterio. Estes accesos vanse graduando e axustando ao terreo separados por muros de mampostería que solucionan as diferenzas de cota das entradas acompañadas por vexetación de porte representativo (cipreses, arces, tapizadoras, etc.).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136