Galicia
O CAE 112 Galicia xestionou 132 incidencias por mor do vento
![[Img #22992]](upload/img/periodico/img_22992.jpg)
O Centro de Atención ás Emerxencias (CAE) de Galicia rexistrou 132 incidencias por mor de fortes ventos, debido á alerta laranxa decretada para a comunidade galega no día de onte.
Entre as 13:00 e as 22:00 horas de onte, o persoal do 112 Galicia rexistrou 72 incidencias na provincia de Pontevedra, a que foi a máis afectada. En A Coruña foron 31 as incidencias xestionadas, mentres que Ourense (16) e Lugo (13) foron as provincias menos afectadas. A caída de árbores e pólas en estradas, postes de alumeado público e sinais de tráfico foron as incidencias que máis se repetiron. Así, en Paderne, unha árbore cortaba parte dun carril da N-651.
En Mondariz, a N-120 viuse afectada polo mesmo motivo e, en Monforte, as forzas da orde informaron do corte da rúa Rosalía de Castro ante o desprendemento dunha árbore sobre o tendido eléctrico. Tamén en Vigo, unha árbore cortou un carril da AP-9 en sentido Vigo, á altura do quilómetro 3. Por outra banda, o CAE 112 Galicia segue a rexistrar incidencias relacionadas coas intensas chuvias dos últimos días. De feito, en A Lama a caída dun muro e un derrubamento de pedras mantivo cortadas as estradas PO-225 e PO-235, respectivamente, durante, alomenos, unha hora.
En Pontevedra, os axentes de Tráfico informaron do afundimento dunha parte da EP-0004, entre os quilómetros 2 e 4. Un desprendemento tamén deixou intransitable a LU-722, ao paso por Becerreá. Pola contra, en Begonte, as forzas da orde informaron esta madrugada do restablecemento da circulación na N-VI, que permanecía cortada entre os quilómetros 523 e 526 a causa de importantes bolsas de auga. Sen embargo, noutros puntos da xeografía galega a acumulación de auga segue a ocasionar problemas. É o caso dun vehículo que quedou atrapado no medio dunha vía completamente anegada, nas proximidades da Praia fluvial de Lantaño, en Portas. O seu condutor, e único ocupante, puido abandonar sen problemas o turismo, mais o vehículo non puido ser recuperado. Así o relataron os Bombeiros de Ribadumia, desprazados ao lugar, tras recibir a alerta do CAE 112 Galicia ao fío das 06:15 horas desta mañá. Pola súa parte, en Ribadavia, os efectivos de emerxencias locais cortaron os accesos ao paseo fluvial da vila ante o desbordamento do río Avia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191