Ponteareas
Os Bombeiros liberaron a unha persoa que quedou atrapada no interior do seu vehículo en Ponteareas
Os Bombeiros de Ponteareas liberaron a pasada noite a unha persoa que quedara atrapada no interior do seu vehículo tras sufrir unha saída de vía. Trala alerta dun particular ás 22:15 horas de onte, o persoal do CAE 112 Galicia informou aos efectivos do parque comarcal, que empregaron medios de excarceración para liberar á persoa.
Posteriormente, foi evacuada en ambulancia a un centro hospitalario. Ademais, ao lugar acudiron, alertados polo 112 Galicia, técnicos de Urxencias Médicas, axentes de Tráfico e Policía Local e membros de Protección Civil. O sinistro aconteceu na EP-4006, na saída da vila de Ponteareas cara ao concello das Neves. Tamén en Bergondo, os efectivos do parque comarcal de Betanzos interviñeron esta madruga nun accidente de tráfico que aconteceu na N-VI, na parroquia de Guísamo. Por causas que se descoñecen, un turismo envorcou e o seu condutor, e único ocupante, non podía saír polos seus propios medios.
Así, os Bombeiros sacaron á persoa, que estaba ferida, pola parte de atrás do vehículo, sen chegar a empregar medios de excarceración. A chamada dun particular ao CAE 112 Galicia, pasados uns minutos das 03:00 horas de hoxe, serviu para poñer en alerta a Urxencias Médicas, Protección Civil de Bergondo e Garda Civil de Tráfico.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149