Galicia
O temporal deixa cerca de 200 incidentes en Galicia e obriga a suspender as clases en Lugo e Ourense
![[Img #23003]](upload/img/periodico/img_23003.jpg)
Cerca de 200 incidencias foron rexistradas no CAE 112 Galicia, no período comprendido entre as 18:00 horas de onte e as 08:00 horas de hoxe, a causa da meteoroloxía adversa.
A provincia de A Coruña foi, sen dúbida a mais afectada cun total de (111) incidencias, seguida de Pontevedra (44), Ourense (22) e por último Lugo con (19) incidentes. A maioría das incidencias debéronse á caída de árbores e pólas caídas nas estradas galegas. Por fortuna non houbo que lamentar danos persoais . Aínda así destácase unha intervención en Culleredo , onde os Bombeiros de Arteixo tiveron que retirar as tellas que caían á rúa dun edificio de cinco andares situado na Rúa Largo Caballero. Igualmente, houbo que cortar a circulación ao tráfico na Ponte Nova, na AC-549 , en Noia, por desprendemento de chapas soltas na vía.
Así mesmo, debido á alerta laranxa por neve decretada nas provincias de Lugo e Ourense, ao redor dunha quincena de incidencias foron rexistradas por este fenómeno adverso. Así , en A Gudiña, na A-52, no alto da Erosa, numerosos vehículos , entre eles, uns 30-40 camións quedaron atrapados pola neve que, nese momento, caía con intensidade. A estrada tivo que ser cortada ao tráfico dende as 19:45 horas de onte ata ao fío da 01:00 horas de hoxe que xa se podía circular non normalidade.
Cabe recordar que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acordou suspender a actividade escolar e de transporte nos centros educativos da montaña de Lugo e Ourense.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191