MOS
Mos celebra a primeira Mesa Local contra a Violencia de Xénero desta lexislatura
A posta en marcha dun protocolo de coordinación e actuación entre tódolos organismos que traballan na loita contra a violencia machista e a organización de actividades enfocadas á prevención, foron os temas que centraron a reunión.
![[Img #23023]](upload/img/periodico/img_23023.jpg)
Mos celebrou onte á primeira Mesa Local contra a Violencia de Xénero desta lexislatura, á que asistiu a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, a edil responsable da concellería de Política Social, Sara Cebreiro, a psicóloga e unha traballadora social de dito departamento municipal do Concello de Mos, representación da Policía Local mosense, da Garda Civil, o traballador social do Centro de Saúde de Mos, a orientadora do IES de Mos en representación de tódolos centros educativos do municipio, así coma representantes dos grupos políticos da Corporación Municipal.
Como instrumento primordial de traballo, a Mesa acordou na súa reunión a posta en marcha dun protocolo de actuación contra a violencia de xénero coa pretensión de que contribúa a unha mellora da atención inmediata das vítimas polos profesionais que traballan a diario directamente con elas, logrando ademais unha mellor coordinación e comunicación entre ditos profesionais.
Por outra banda, todas as entidades integrantes da Mesa, coincidiron en salientar a importancia vital da prevención da violencia machista, e acordaron organizar actividades con este fin enfocadas cara asociacións e centros educativos, motivo polo cal nesta mesa contouse coa orientadora do IES de Mos, xa que nesta materia resulta esencial o traballo co profesorado e cos alumnos e alumnas.
Os principias obxectivos da Mesa Local contra a Violencia de Xénero son analizar a incidencia da violencia de xénero no municipio de Mos, detectar aqueles elementos que provocan disfuncións importantes na atencións ás vítimas de violencia de xénero, avaliar a efectividade das intervencións, acordar entre os axentes compoñentes da Mesa a implantación de programas e actuacións que contribúan á prevención da violencia de xénero e á súa erradicación; e realizar propostas e plans de actuación conxuntos.
Por último, acordouse que en diante a Mesa Local contra a Violencia de Xénero será celebrada con mais frecuencia, tratándose se fora necesario de mesas constituídas por un menor número de membros, para que os temas que competan a algúns organismos en concreto, non teñan que esperar á constitución dunha mesa de maior envergadura.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136