Domingo, 07 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 16 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
O Porriño

Fontevella Teatro cumpre 21 anos en escena reprentando na casa da cultura do Porriño 'Prohibido casar'

Os vellos non deben de namorarse…agás do teatro. Ese podería ser o lema dos integrantes de ‘Teatro Fontevella’, quince homes e mulleres que dende hai vinteún anos saen a escena dentro e fora do Porriño, o seu berce.

A nova non chegaría a mais se nin fose porque nesta ‘compañía’ os seus integrantes teñen entre 68 e 88 anos de idade. Empezaron en 1995 nas  clases de lectura para maiores do concello e da man de Chelo Pampillón e do grupo ‘Atrezo’ crearon, coa seu estilo e a súa vontade, un xeito novo de representar.

So catro dos seus fundadores seguen hoxe de ‘xira’ con Fontevella que pode presumir de ter un dos elencos máis experimentados e aplaudidos da escena galega do que, ata hai moi pouco, formaban parte actrices e actores de 92, 93, mesmo 98 anos que foron quen de adaptar obras de Castelao, Casona, Millán e, xa máis recentemente, de Ramilo ou de Doro Piñeiro.

Precisamente de Piñeiro é a obra coa que celebrarán, este xoves, día 18, ás 8 e media da tarde na Casa da Cultura do Porriño, as súas dúas décadas e un ano entre a traxedia, a comedia e o drama. ‘Prohibido casar’ levantará o telón con Adriano Campos, Jorge P.Fontenla, Amparo Tellado, Ofelia Méndez, Marina Tellado, Velentina Boullosa, Lola Vila, Norma Pérez, Flor Gordo e Damián Alonso, nos seus principais papeis nunha velada de teatro que, como dixo Federico García Lorca “é poesía que sae dun libro para facerse humana”.

A alcaldesa, Eva García de la Torre, anima a todos os veciños a achegarse á Casa da Cultura para gozar da representación e para amosar o orgullo do Porriño de contar cunha das compañías máis admiradas de Galicia que, “dende hai máis de dous décadas levan o seu arte, a súa imaxinación e o seu exemplo ligado aos porriñeses”.

É unha boa razón para estar o xoves que ven na platea, aínda que se cadra hai outra mellor escrita nun dos papeis que deixou Arthur Miller, “o teatro chega onde non chegan outros agarimos”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.188

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.