Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 17 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación destina 150.000 euros a axudas para iniciativas de dinamización da lingua

Poderán solicitalas os concellos, as agrupacións de concellos e as entidades locais menores da provincia de ata un máximo de 50.000 habitantes.

A Xunta de Goberno provincial acaba de aprobar, na súa última sesión, as bases reguladoras de subvencións para a dinamización lingüística, dirixidas aos concellos e a outras entidades locais da provincia, por un importe total de 150.000 euros. O prazo para solicitar estas axudas abrirase o día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e rematará o 15 de abril.

 

Os solicitantes poderán ser os concellos, de xeito individual, as agrupacións formadas por varios concellos e as entidades locais menores da provincia de Pontevedra. Poderán optar, en réxime de concorrencia competitiva, a dúas liñas: a primeira está enfocada á "creación ou mantemento dos servizos de normalización lingüística" e a segunda á "promoción e desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega". As bases estipulan que só se poderá optar a unha destas dúas liñas, ambas enfocadas a promover o uso do galego de xeito normalizado entre os poderes públicos e a sociedade.

 

 

 

Trátase dunha convocatoria novidosa, xa que é a primeira vez que se convocan axudas deste tipo desde o ente provincial co fin de consolidar o uso do galego como lingua de traballo e comunicación nos concellos e nas súas relacións coa cidadanía. Neste sentido, o deputado provincial de Cultura e Lingua, Xosé Leal, manifestou que, "nunha provincia onde o número de concellos con servizos de normalización é practicamente anecdótico, se fai preciso impulsar medidas e protocolos que faciliten as relacións entre as entidades locais e a cidadanía, que son as que máis preto están sempre do cidadán e da cidadá de a pé".

 

 

 

Os concellos e as entidades interesadas poderán presentar unha única solicitude ao abeiro desta convocatoria. No caso das agrupacións de concellos, estes non poderán presentar solicitudes individualmente. As axudas económicas obxecto desta convocatoria destinaranse a financiar as retribucións do persoal técnico dos servizos de normalización lingüística municipal -primeira liña- ou a realizar programas de dinamización da lingua galega -segunda liña-. A Deputación achegará un 75 % do orzamento de gastos do servizo de normalización lingüística (ata un máximo de 8.000 euros). En canto ás axudas para a promoción e dinamización do galego achegará un 75 % do orzamento de gastos (ata un máximo de 6.000 euros).

 

I Xornada de Normalización Lingüística

Co obxectivo de expoñer polo miúdo tanto as liñas de axudas coma as experiencias e iniciativas concretas que se están levando a cabo en materia de normalización, a Deputación desenvolverá o vindeiro venres, 19 de febreiro, a I Xornada de Normalización Lingüística. A ela están convocados representantes dos concellos da provincia, así como colectivos que traballan a prol da normalización da lingua e o público en xeral.

 

A xornada comezará ás 17:00 horas e contará coa presenza do deputado provincial de Cultura e Lingua, Xosé Leal, a responsable do Servizo Lingüístico, Celia Soto, e representantes de colectivos coma a Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización Lingüística, o Foro Peinador e A Mesa pola Normalización Lingüística.

 

O programa da xornada incluirá os seguintes puntos:

  • Subvencións para a normalización lingüística para concellos
  • Publicacións a prol da lingua
  • Asesoramento a concellos en materia de normalización lingüística
  • Iniciativas de promoción e desenvolvemento de programas de normalización lingüística
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.