GALICIA
A campaña ‘O corazón está do teu lado’ chega aos colexios galegos para educar aos nenos en seguridade viaria
Distribuiranse entre os escolares ‘latexos’, uns dispositivos led para chamar a atención sobre a necesidade de empregar as sendas peonís ou de circular polo lado esquerdo da estrada facéndose visibles aos condutores.
![[Img #23038]](upload/img/periodico/img_23038.jpg)
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, presentou esta semana as actuacións do Plan de Seguridade Viaria 2016-2020, entre as que destaca a campaña ‘O corazón está do teu lado’, que a Xunta levará en breve aos colexios galegos para educar aos máis novos en condutas axeitadas para incrementar a seguridade viaria. Nesta rolda de prensa tamén participou o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez.
Esta campaña divulgativa, realizada en colaboración coa Consellería de Educación, distribuirá nos colexios unidades didácticas para que os profesores conten co material idóneo para poder traballar cos rapaces de 6 a 8 anos.
Achegarase tamén material didáctico nas escolas para que os profesores reforcen aos rapaces de 6 a 8 anos en accións seguras
Ethel Vázquez concretou que se repartirán 6.000 dispositivos, en forma de corazón, de aí o seu nome, Latexo, co fin de chamar a atención dos nenos sobre a importancia de que empreguen as sendas peonís ou da necesidade de que, cando camiñen pola marxe dunha estrada sen beirarrúa nin senda, o fagan sempre pola marxe esquerda ou que se dean a ver o máximo posible aos vehículos que circulan pola vía, para evitar posibles accidentes.
Vázquez subliñou que “a Xunta de Galicia está comprometida coa seguridade nas estradas, sendo unha materia absolutamente prioritaria, xa que se trata da vida das persoas e non hai nada por riba diso”.
Reforzo de firmes
Outra das accións que a Consellería de Infraestruturas está a desenvolver co obxectivo de mellorar a seguridade viaria é unha intensa campaña de reforzo de firmes nas estradas autonómicas, tanto en zonas urbanas como en travesías. A estes traballos o Goberno galego destinará case 20 millóns de euros, o que vai permitir actuar en 525 quilómetros das estradas autonómicas, 180 deles especificamente en travesías.
A conselleira precisou que entre os contratos xa licitado e os previstos por licitar súmanse 215 quilómetros e un investimento de case 10 millóns de euros a executar neste mesmo ano.
Plan de sendas
O Goberno galego está a elaborar un Plan de sendas que se inclúe como un elemento fundamental dentro Plan de Seguridade Viaria 2016-2020, ao aumentar a seguridade a usuarios vulnerables das estradas:
Vázquez adiantou que este plan permitirá executar 170 novos quilómetros de sendas peonís e para bici. Precisou que nunha primeira fase do plan, que se presentará en breve, executaranse 75 novos quilómetros de sendas en concellos de sete comarcas galegas, cun investimento que supera os 26 millóns de euros.
Marxes de estradas máis seguras
A Xunta tamén está a apostar por actuacións concretas para incrementar a seguridade nas marxes das estradas autonómicas.
A responsable de Infraestruturas destacou que no deseño destas medidas tivéronse en conta as consideracións dos distintos colectivos, en especial, dos motoristas, prevendo así realizar traballos como a execución de cunetas de seguridade; a colocación de barreiras e de sistemas de protección; ou a mellora de bifurcacións ante posibles impactos.
Plan de Seguridade Viaria 2016-2020
O novo Plan de Seguridade Viaria 2016-2020, que o Goberno galego aprobou o pasado 4 de febreiro, será a folla de ruta dos próximos catro anos nunha materia estratéxica e prioritaria, a integridade das persoas. O contido deste programa está dispoñible na páxina web da Xunta.
Vázquez explicou que este programa recolle 49 medidas e actuacións para as que os Orzamentos da Xunta deste ano reservaron máis de 60 millóns de euros, estando previsto que entre 2016 e 2020 se destinen máis de 300 millóns de euros para desenvolver estas accións.
A responsable de Infraestruturas salientou que o obxectivo deste novo documento é reducir nun 50% as vítimas mortais nas estradas galegas, con respecto ás rexistradas no ano 2011.
A conselleira explicou que aínda que ningún programa pode substituír á concienciación e á prudencia dos condutores, este plan elaborouse seguindo as directrices do Plan Mundial para o Decenio de Acción para a Seguridade Viaria 2011-2020; froito dun intenso traballo, que foi coordinado pola Axencia Galega de Infraestruturas; e resultado da participación e das achegas de distintas institucións e colectivos.
Na liña de acadar un texto consensuado cos distintos colectivos, no mes de novembro a Xunta presentou un borrador aos distintos axentes sociais: vítimas de accidentes, usuarios das estradas, autoescolas, sector do transporte, ciclistas e motoristas. Tamén foi sometido á Comisión Autonómica de Tráfico e Seguridade de Circulación Viaria, organismo no que están representadas tódalas administracións.
O resultado desta participación e suma de esforzos é o documento presentado hoxe, que a titular de Infraestruturas cualificou como un plan global que inclúe medidas concretas en todos os ámbitos que teñen incidencia na seguridade viaria e que busca coordinar as accións dos distintos axentes que participan, directa ou indirectamente neste ámbito.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191