GALICIA
A Xunta e a Sareb ampliarán a súa cooperación para reforzar a atención ás necesidades sociais relacionadas coa vivenda
Analizaranse as opcións de adquisición por parte do Goberno galego de promocións de vivendas desocupadas da Sareb en lugares nos que exista demanda social acreditada.
![[Img #23040]](upload/img/periodico/img_23040.jpg)
A Xunta de Galicia e a Sareb ampliarán a súa cooperación co obxectivo de reforzar a atención ás necesidades sociais relacionadas coa vivenda. Así o acordaron hoxe a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e os directores de Responsabilidade Social Corporativa, Gaspar González-Palenzuela, e de Desenvolvemento Corporativo e Asuntos Legais, Óscar García Maceiras, responsables da entidade que participaron nunha xuntanza na Coruña na que tamén estiveron o delegado da Xunta na provincia, Diego Calvo, e o director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García.
Nesta xuntanza, a Sareb trasladou o seu compromiso de priorizar as zonas nas que se ten detectado unha maior necesidade para a progresiva cesión de vivendas baleiras á Xunta coa fin de destinalas a alugueiros sociais.
O Goberno galego e esta entidade de crédito asinaron o pasado ano un convenio polo que a Sareb se comprometeu a ceder ata 100 vivendas á Administración autonómica para destinalas –tal e como se vén facendo nos últimos meses- a familias con dificultades de acceso á vivenda.
Na reunión de hoxe tamén se acordou a análise de opcións de adquisición por parte da Xunta de promocións de vivendas desocupadas da Sareb en lugares nos que exista demanda social acreditada.
Así mesmo, estudaranse fórmulas para que os locais comerciais e naves propiedade da Sareb que se atopen desocupados se destinen a facilitar a actividade económica e a creación de emprego.
Por último, na xuntanza abriuse tamén a posibilidade de que os locais desocupados da entidade se poidan destinar a entidades prestadoras de servizos sociais a través do establecemento de liñas de acordo entre a Sareb e a Xunta de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191