Miércoles, 15 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 16 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

Mos recibirá co Plan Concellos 2016 un 28,6 por cento máis que o ano pasado

En pouco máis dun mes a Deputación de Pontevedra xa aprobou as primeiras subvencións por valor de 216.761 euros case un 25% das axudas de todo o ano

O concello de Mos vai recibir ao longo deste ano dentro das axudas do “Plan Concellos 2016” un total de 888.158,42 euros, o que representa un 28,6 por cento máis que o que correspondeulle ao longo de 2015.

 

Así mentres o ano pasado por cada veciño e veciña de Mos   o concello percibiu unha subvención de 45,04 euros ao longo de 2016 esa cantidade pasará a ser de 57,95 euros. Estas cantidades só no que corresponde  ao “Plan Concellos 2016” sen contar o resto de axudas e subvencións ás que teñen dereito dentro doutros apartados da Deputación de Pontevedra.

 

O Plan Concellos 2016 supón unha transferencia  de 40 millóns de euros que a Deputación pon a disposición dos 60 concellos da provincia para desenvolver políticas de emprego, inversións, cultura, etc.  Este plan repártese  en 16 millóns de forma lineal entre os concellos da provincia, de xeito que a cada un lle corresponde unha cantidade fixa de 266.666,67 €. A cantidade restante, 24 millóns de €, repartiranse atendendo a tres criterios: a poboación de cada concello (o 60%), a súa superficie (20%) e os seus núcleos de poboación (20%).

 

O plan marca catro liñas de axuda: axudas para inversións, axudas para afrontar necesidades de gasto corrente, axudas para actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais dos Concellos, e axudas para financiar o emprego.

 

"Deste xeito elimínase a libre disposición do  anterior presidente das partidas orzamentarias  e cada concello sabe, dun xeito transparente,  as cantidades que vai recibir para adecuar os seus orzamentos" sinalan dende o organismo provincial.

 

"De feito, nos primeiros días de 2016 o concello de Mos xa ten adxudicadas axudas por valor de 216.761,22 euros o que representar case que o 25 por cento das subvencións que correspóndelle en todo o ano" explican.

 

En concreto, aprobáronse a cantidade de 192.761,22 euros para a contratación da vinte persoas dentro do plan de emprego; a cantidade de dez mil euros para a celebración da “Festa da Rosa”; outros 7.000 euros para a cabalgata dos reis magos; e outros 7.000 euros para as festas do Entroido.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.