Mos
A Axencia de Colocación de Mos acolleu hoxe o acto de clausura do Obradoiro de Emprego Mellorar Mos
Cun total de 19 alumnos-traballadores, este obradoiro foi subvencionado pola consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia cun total de 169.249,15 euros
![[Img #23045]](upload/img/periodico/img_23045.jpg)
A Axencia de Colocación de Mos acolleu hoxe o acto de clausura do Obradoiro de Emprego Mellorar Mos, ó que asistiron o xefe territorial en Pontevedra da consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial Santomé, o delegado territorial da Xunta de Galicia, Ignacio López Chaves, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Óscar Soto Abadín, así como outros membros do equipo de goberno local.
Este obradoiro, que comezou o 17 agosto do 2015, cun total de 19 alumnos-traballadores, foi subvencionado pola consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia cun total de 169.249,15 euros, e contou con especialidades de Pavimentos e Albanelería de Urbanización (6 traballadores), Mecánica de Madeira e Derivados (7 traballadores) e Instalación e Mantemento de Xardíns e Zonas Verdes (6 traballadores).
Mellorar Mos tivo un obxectivo fundamentalmente ambiental que pretendía a revalorización de espazos públicos do municipio destinados ao esparcemento social e a mellora de espazos e zonas verdes do Concello, entre eles o contorno da Capela de San Amaro, na parroquia de Petelos, os xardíns de San Eleuterio, o Parque Municipal de Torroso, o contorno do Pavillón Óscar Pereiro, a Avenida de Sanguiñeda e rotondas da Costilleta e das Angustias, a rotonda das Leiteiras en Dornelas e o Contorno do Multiusos das Pozas, tamén en Petelos. Tamén se realizaron labores de reposición de mobiliario urbán no Parque de Costoias (Tameiga) e nos dous parques de Cela tanto no da Igrexa como no da Lagoa.
Nidia Arévalo, rexedora local mosense, declaraba que “Mos caracterízase por ser un Concello que dá prioridade ó emprego”. Coinciden Arévalo e Soto na importancia de converter a Mos nun territorio de oportunidades laborais, contando coa colaboración da Xunta de Galicia en accións tan importantes coma que hoxe rematou, e que, entre outras vantaxes, permitiulles ós seus beneficiarios obter un Certificado do Concello e un Diploma da consellería, convalidables nun certificado de profesionalidade con validez nacional, que optimizará a súa empregabilidade.
Actuación en San Amaro
![[Img #23046]](upload/img/periodico/img_23046.jpg)
Por outra banda, trala entrega de diplomas, as autoridades visitaron esta mañá as obras de mellora da contorna da Capela de San Amaro que acometeron os 6 alumnos-traballadores da especialidade de albanelería do Obradoiro de Emprego Mellorar Mos. Os diferentes traballos realizados nesta zona consistiron no desbroce e limpeza da área, excavación e nivelación do terreo, execución de terrapléns, construcción dun muro de mampostería bordeando a área, construcción de escaleiras tipo grada con área de repouso, pavimentación, lousado e adoquinado da área; axardinamento e a instalación dunha pérgola e mobiliario urbán, realizado polo alumnado da especialidade de carpintería.
Gracias a estas obras ensanchouse o ámbito aledaño da praza contigua á Capela, xa que o seu estado atopábase moi limitado pola trama viaria e ademais con abundante vexetación incontrolada.
Neste sentido, Arévalo informou de que os técnicos municipais xa están a traballar nun novo proxecto que incluirá obras que continúen a mellorar a contorna desta capela.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149