Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 16 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
Provincia

O consorcio de Augas do Louro traballa para garantir a execución de novas redes de saneamento

[Img #23048]

 

O Consorcio de Augas do Louro arranca o ano 2016 cun “intenso ritmo de traballo”, logo de ter celebrado dúas reunións en menos dun mes, co obxectivo de garantir a inversión necesaria para ampliar as redes de saneamento existentes e acadar unha cobertura na prestación do servizo de saneamento por riba do 85% da poboación.

 

O seu Comité Directivo, formado polos alcaldes dos concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui, así como polo Director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, avanza na materialización dos acordos necesarios para executar obras por valor de mais de dous millóns de euros, contando tanto co financiamento proveniente dos fondos propios derivados das taxas polos servizos que presta, como cos fondos previstos no orzamento de Augas de Galicia para 2016 e 2017.

 

Os alcaldes destes Concellos traballan tamén para acadar fondos provenientes doutras Administracións como a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ou a Deputación Provincial de Pontevedra.

 

Recentemente teñen rematado as obras de ampliación da estación de bombeo de augas residuais en Areas, Tui, así como as obras de actuacións prioritarias no saneamento de O Porriño, financiadas ambas pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e Augas de Galicia,

 

Augas de Galicia, pola súa banda, finalizou as obras de saneamento en Santo Estevo de Budiño, Salceda de Caselas.

 

O Consorcio dispón dende finais do 2015 dunha páxina web propio e actualizada, na que se pode consultar información sobre este organismo e descargar a normativa e formularios para realizar diversos trámites.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.