PROVINCIA
Eva Vilaverde: "a camelia galega ten potencialidades internacionais que hai que aproveitar"
A deputada delegada da Estación Fitopatolóxica Areeiro sinala a produción de té e aceite de camelia como un mercado novo polo que o campo galego debe apostar.
![[Img #23081]](upload/img/periodico/img_23081.jpg)
"A camelia galega ten potencialidades internacionais que hai que aproveitar". Así de clara foi hoxe a deputada de Sectores Produtivos Primarios e delegada da Estación Fitopatolóxica Areeiro (EFA), Eva Vilaverde, ao anunciar a participación de dúas técnicas do centro de investigación provincial no Congreso Internacional da Camelia, que se desenvolverá a finais deste mes na localidade chinesa de Dali. A nacionalista sinalou que esta viaxe é unha excelente oportunidade para mostrar no estranxeiro a calidade da camelia galega e "deixar impronta" nun país coma China, que é o principal produtor mundial e no que está normalizado o consumo de camelias e os seus derivados para uso alimentario.
Vilaverde sinalou que a Deputación de Pontevedra quere potenciar todo o sector que se move arredor da camelia, non só aproveitando o seu valor ornamental, senón tendo en conta que é un recurso económico que se pode diversificar. Así, subliñou o innegable potencial desta planta como atractivo turístico, pero tamén apuntou que pode supoñer unha alternativa para o campo galego, con explotacións de produción de té de camelia ou de aceite de sementes de camelia, tanto para uso culinario coma cosmético. "Este é un mercado novo que se pode aproveitar. Hai que poñer a andar iniciativas e o novo goberno da Deputación de Pontevedra está polo labor de botar unha man. A rendibilidade é o que nos ten que mover e en Galicia danse unhas condicións naturais magníficas para o cultivo", destacou.
Vilaverde lembrou que, a día de hoxe, na provincia de Pontevedra se producen 1,5 millóns de plantas ao ano, das que un terzo se dedica á exportación e cuxos mercados son principalmente Portugal, os Países Baixos, Italia, Alemaña ou Gran Bretaña. A delegada da Estación Fitopatolóxica tamén quixo poñer en valor os traballos de investigación que se están a realizar no centro provincial de Areeiro, que supoñen unha grande axuda para o sector no control de pragas, o desenvolvemento de variedades e moitos outros aspectos importantes para os produtores.
Vilaverde apuntou que a EFA é o único produtor de aceite de camelia en Europa e recibe sementes de moitos puntos, tanto de Galicia coma de Europa. Actualmente recíbese preto de media tonelada destas sementes, das que se saca un rendemento dun 30 % ao elaborar o aceite. "Esta cifra é moito maior que a da oliva, que está nun 12 %", puntualizou.
A adxunta á xefatura de servizo de Areeiro, Carmen Salinero, explicou que a EFA leva investigando sobre a produción de aceite uns 10 anos e que nestes momentos está traballando na procura de certificados de calidade Aenor. "Somos os únicos de Europa que facemos o aceite mediante un proceso totalmente natural e, sempre que Areeiro desenvolve algún sistema ,despois se pasa á industria. Agora queremos ser cautos e non derivalo ata que haxa unha garantía de calidade", salientou.
Poñer Pontevedra no mapa mundial das camelias
A participación da Deputación no congreso internacional chinés servirá para poñer a Pontevedra no mapa mundial das camelias. Segundo explicou Carmen Salinero, que será unha das técnicas que expoñerá os relatorios, moita xente "fóra das nosas fronteiras non pensa en Galicia como produtora de camelia e temos que darnos a coñecer coas nosas investigacións".
No congreso presentaranse catro relatorios, dous deles eminentemente científicos. O primeiro trata da eficacia dos residuos das sementes de camelia como insecticida natural para evitar pragas. Grazas a este traballo de investigación, de feito, xa hai empresas de produtos fitosanitarios que están en contacto con Areeiro para desenvolver actuacións. O segundo relatorio trata sobre as camelias do pazo de Lourizán, no que están identificadas 277 plantas, algunhas delas de máis de 150 anos (que poden ser visitadas polo público en xeral, xa que é un xardín aberto). No traballo inclúense as características morfolóxicas, pero tamén os estudos xenéticos de cada tipoloxía.
Por outra banda, presentaranse dous traballos históricos sobre os 50 anos da exposición da camelia nas Rías Baixas e sobre a camelia nos mantóns de Manila. Nese sentido, Carmen Salinero lembrou que estes mantóns foron tradicionalmente utilizados polo pobo e incluídos en traxes típicos coma o galego.
A bióloga Pilar Vela, a outra técnica da EFA que acudirá a China, explicou que, ademais das sesións técnicas, a viaxe a China tamén servirá para participar nas sesións do grupo de conservación de camelias históricas, que está a elaborar unha base de datos centralizada en España coas características de plantas consideradas "monumentos vexetais". Así mesmo, apuntou que realizará unha reunión dos directores das sociedades das camelias de todo o mundo no que se presentarán e valorarán as candidaturas para optar a "xardín de excelencia" que se outorgarán en vindeiras edicións. Segundo sinalou Carmen Salinero, nestes momentos a provincia de Pontevedra conta con dous xardíns de excelencia da camelia e optará no vindeiro congreso internacional, que se desenvolverá en Francia en 2018, a acadar outras dúas declaracións para o pazo de Quinteiro da Cruz e o xardín da Saleta. "Sería a única rexión con catro xardíns de excelencia no mundo, o que suporía un gran reclamo turístico", finalizou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191