Viernes, 12 de Septiembre de 2025

Xornal21
Viernes, 19 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A alcaldesa e Hostaleiros acordan traballar para reactivar a actividade económica sector do Porriño

[Img #23105]

 

A alcaldesa do Porriño mantivo unha reunión de traballo coa nova xunta directiva da Asociación de Hostaleiros, elixida o pasado mes de xaneiro, encabezada polo seu presidente, José Manuel Fernández.

 

Na xuntanza, Eva García de la Torre deu conta á directiva do programa de actividades de lecer, culturais e deportivas programadas no concello durante todo este ano que, como indicou, “ademáis de servir como entretenimento para os veciños, están pensadas para dinamizar a economía da vila”.

 

A intención do Concello é que haxa propostas durante a meirande parte deste 2016, empezando, nunhas semanas coa celebración de fase final da Copa da Raiña de Balonmán, seguindo co Festival de Cine de Cans-que terá actividades en todo o Porriño os días antes do seu inicio- ou emprender o relazamento da Festa dos Cachos, que terá un contido máis gastronómico, como pediron os hostaleiros.

 

En xullo está prevista a celebración de Porrigalia, en agosto o Concello pretende organizar actuacións musicais e culturais, e está estudando a posibilidade de que sesións de cine ao aire libre; seguirá setembro coa Festa do Cristo e a Festa dos Callos, en novembro o Pinchorriño e podería volver a plantexarse a ‘Ruta sen alcohol’, antes de chegar á programación do Nadal.

 

Eva García de la Torre e José Manuel Fernández estiveron dacordo en que haxa unha coordinación entre Concello e a Asociación de Hostaleiros do Porriño de xeito que todas as actividades poidan programarse e organizarse con anticipación de xeito que beneficien aos asistentes, teñan repercusión nos medios de difusión e haxa unha “reactivación” da economía local, tanto no que se refire a cafeterías, terrazas ou restaurantes, como do Comercio, sectores que crean un importante tecido laboral e que son o centro da proxeción dos productos da vila, un dos sinais de identidade do Porriño.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.