Jueves, 11 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 18 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
A LOURIÑA

García de la Torre e Arévalo solucionan o deslinde entre Mos e O Porriño

Os secretarios municipais elaborarán conxuntamente a acta que fará oficial este consenso que resolve unha situación histórica

[Img #23107]

 

Hoxe ás 13.00 horas celebrouse no lugar do Cristo de Belén a Comisión de Deslinde entre Mos e O Porriño á que asistiron as alcaldesas de ambos Concellos, a mosense Nidia Arévalo e a porriñesa Eva García de la Torre, xunto con edís, secretarios e técnicos municipais de ambas administracións locais; e os veciños/as de maior idade das zonas implicadas, tanto do municipio de Mos (parroquia de Pereiras) coma do de Porriño (núcleo urbán).

 

Finalmente chegouse a un acordo satisfactorio e consensuado entre ambas partes establecéndose o edificio en cuxo baixo se atopa a empresa AD Grupo Regueira no termo municipal do Porriño e o edificio colindante xunto co vial adxacente no termo municipal de Mos. O marco de deslinde entre ambas localidades será colocado no centro da rotonda do Cristo de Belén.

 

O seguinte paso a dar a continuación é a redacción da acta de deslinde, que será elaborada conxuntamente entre o secretario municipal do Porriño e a secretaria de Mos. Unha vez redactada, procederase á sinatura da acta, seguida da aprobación en Pleno por parte de ambas Corporacións Municipais; e o deslinde xa pasará a ser oficial a tódolos efectos unha vez comunicado á administración autonómica e ó Instituto Xeográfico Nacional.

 

O encontro desta mañá caracterizouse pola boa sintonía entre ambas alcaldesas, chegando conxuntamente, Arévalo e García de la Torre, ó acordo para solucionar, entre outros, o problema do grupo de veciños que actualmente tributa por Mos e que se consideran habitantes do Porriño.

 

Queda polo tanto solucionada unha problemática histórica con este acordo da Comisión Intermunicipal de Deslinde, para tranquilidade dos veciños e veciñas afectados/as tanto mosenses como porriñeses.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.