MOS
Arranca o obradoiro de axilidade mental para maiores no Multiusos
Os 16 participantes atoparán nesta iniciativa unha fonte de estimulación intelectual e psicomotora.
![[Img #23118]](upload/img/periodico/img_23118.jpg)
A concellería mosense de Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón puxo en marcha un obradoiro, que deu comezo o xoves 11 de febreiro, coa finalidade de mellorar as habilidades e capacidade cognitivas dos maiores do municipio titulado “Exercitando a nosa mente”. Os participantes no mesmo recibiron durante a sesión de hoxe a visita do tamén edil mosense, Óscar Soto.
O obradoiro, ó que asisten 16 participantes, céntrase no traballo das habilidades psicomotrices e cognitivas dos maiores, partindo do obxectivo principal de fomentar a súa autodeterminación e independencia. Outros dos obxectivos son promover a calidade de vida das persoas maiores do municipio de Mos, impulsar a participación das persoas maiores, favorecer a integración das persoas da terceira idade na vida do municipio, establecer relacións sociais positivas e previr a soidade e propiciar o mantemento das capacidades cognitivas, persoais, físicas e sociais das persoas maiores.
As diversas actividades das que consta o obradoiro lévanse a cabo no Multiusos das Pozas de Mos, situado na parroquia de Petelos, todos os xoves pola mañá dende febreiro a abril. Concretamente os días 11, 18 e 25 de febreiro; 3, 10, 17 e 31 de marzo; 7, 14 e 21 de abril, sendo o horario de 12:00 a 13:30 horas.
Este obradoiro de actividades para as persoas maiores segue unha dinámica activa e participativa, polo que se motiva aos asistentes propoñendo diariamente actividades variadas e atractivas de estimulación cognitiva.
Para estimular o desenvolvemento cognitivo realízanse talleres abertos a todo tipo de variantes (exercicios de memoria, de atención, cálculo, escritura, lectura, expresión plástica, estimulación dos sentidos, orientación espazo-temporal, linguaxe, etc.). Todo adaptado ás idades e destrezas dos participantes.
Mediante a realización destas actividades, e seguindo a metodoloxía proposta, conséguense establecer lazos de comunicación entre os/as participantes, intercambiando experiencias e opinións; atribuíndo así unha maior riqueza e complementariedade ás actividades. Ademais, este obradoiro é unha fonte de estimulación intelectual e psicomotora, de forma que inciten a participar de forma activa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149