Mos
Mellora integral das dependencias municipais do Concello de Mos
Algunhas delas están xa iniciadas, pero trátase dun proxecto ambicioso que pode incluír varias fases e prolongarse ata tres anos se fose necesario
![[Img #23124]](upload/img/periodico/img_23124.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, anunciou hoxe a redacción do proxecto para un Plan Integral de Mellora de Dependencias e Instalacións Municipais que suporá unha importante optimización dos edificios públicos mosenses.
Beneficiaranse de dito plan instalacións deportivas coma o Pavillón Óscar Pereiro e o Pavillón de Sanguiñeda, así como dependencias que albergan oficinas da administración local, tal é o caso do edificio do departamento municipal de Urbanismo, o Multiusos que acolle a OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) e as concellerías de Educación e Participación Cidadá; e a Axencia de Colocación, onde se ubican as áreas de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías. Nos dous últimos casos cómpre destacar tamén que estes edificios son tamén esceario de actividades culturais e cursos, sede de asociacións; e desenvólvense neles moitas outras iniciativas que fan que o seu uso sexa grandísimo.
Arévalo, rexedora local mosense, avanzou que entre estas melloras existen unha serie de actuacións prioritarias e inminentes que son a primeira fase de mellora do departamento de Urbanismo, a cuberta do Multiusos e os pavillóns Óscar Pereiro e de Sanguiñeda; mentres que a segunda fase de Urbanismo e a obra da Axencia de Colocación realizaranse máis adiante. A alcaldesa espera que as melloras proxectadas poidan quedar acometidas entre este ano e o que ven, sen descartar unha nova fase do plan que inclúa un tercer ano de traballos para que estas instalacións municipais queden totalmente optimizadas xa que, coma ela mesma lembrou, trátanse de dependencias de moitos anos de idade que se foron deteriorando, como é lóxico, polo seu elevado uso.
A primeira fase dos traballos nas dependencias municipais de Urbanismo comezou fai unha semana e consiste na optimización das fachadas exteriores, tanto as pezas de sillería de granito coma as xuntas de unión, revestimento elástico impermeabilizante incoloro, das fachadas tamén; e impermeabilización de canalóns horizontais e inclinados de cuberta. As obras foron supervisadas hoxe pola mañá pola concelleira de Urbanismo mosense, Julia Loureiro, e o edil de Vías e Obras, Luis Alonso.
No caso do edificio Multiusos das Pozas, sito na parroquia de Petelos, as obras necesarias consisten na reparación da cuberta. Este arranxo suporá unha reforma integral por sufrir o tellado desta edificación filtracións de auga precisando unha inminente solución para o problema de humidades.
Entre as obras a realizar atópanse tamén as melloras a acometer en dúas instalacións deportivas: o Pavillón Óscar Pereiro e o Pavillón de Sanguiñeda. Neste último proxéctase realizar un importante arranxo e optimización dos vestiarios. Mentres que no Óscar Pereiro realizarase un proxecto de mellora integral que contempla tres liñas de actuación tales coma: novos vestiarios para a piscina, que darán servizo principalmente á demanda de grupos de nenos pequenos, que son acompañados por adultos. Para iso, executarase unha estrutura encostada ao edificio principal, entre o pavillón deportivo e a piscina, o que permite engadir 150 metros cadrados de superficie para a creación de dous novos vestiarios.
Reparación de humidades no ximnasio, ocasionadas polas filtracións dos vestiarios da planta superior, que dan servizo á piscina. Será necesario localizar as posibles fugas e impermeabilizar o vestiario antes de revestir e pintar as zonas afectadas do ximnasio.
E reparación da cuberta da piscina mediante a substitución do cerramento actual e a reparación dos elementos estruturais danados.
Por último, as instalacións da Axencia de Colocación de Mos sufren tamén problemas de humidades que dificultan o confort térmico no interior do edificio e precisan de reparacións para subsanar consecuencias de ditas humidades. Ademais valórase a actuación de mellora do pavimento do patio exterior da construcción. Deste xeito preténdese poñerlle á edificación unha nova cuberta ao edificio que resolva os problemas de entrada de auga mellorando o confort térmico e, así mesmo, logrando o conseguinte aforro enerxético. A nova cuberta construiríase a base de paneis sándwich de chapas metálicas con illamento térmico no interior. Así mesmo esta cuberta sería accesible dende o interior do edificio para facilitar o acceso a ela nos posteriores labores de mantemento. Tamén repararíase o falso teito e se sanearíanse e pintaríanse os espazos afectados pola humidade.
Ademais, o edificio da Axencia de Colocación de Mos precisaría da reparación do seu cerramento suroeste e substitución do pavimento exterior actual de asfalto por outro de formigón con acabado pulido.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149