SALVATERRA DE MIÑO
10Q Fast Race As Neves - Salvaterra de Miño
Este vindeiro domingo 21 de febreiro a Asociación Centro Cultural e Deportivo Casal , Club Atletismo A Canuda e os concellos de As Neves e Salvaterra, organizan entre ambos concellos a segunda edición da 10Q Fast Race (a primeira edición chamouse 10K Parque A Canuda) e Andaina do Río.
Haberá carreira para os nenos de tódalas idades na zona de meta no parque A Canuda, e a proba absoluta na que concorrerán uns 800 atletas nas distintas categorías, sairá da praza do concello de As Neves as 10:30 da mañá e transcorrerá polas parroquias de Tortoreos, Liñares, Oleiros e polo casco urbán de Salvaterra así como polo paseo do río Miño para rematar no parque A Canuda.
Nesta proba que está catalogada como a “mais rápida de Galicia” participarán atletas de renome tanto galego, español e incluso de Portugal, nomes como Alejandro Fernández, Daniel Bargiela, Hassan Lekkili, Sara Carvalho, Sara Carvalho, Miguel Moniz Ribeiro e un gran elenco de atletas afeccionados de ambos países. Esta edición ademáis do nivel de atletas destaca polo seo percorrido moi asequible e levadeiro ideal para mellorar as marcas nesta distancia, un percorrido diseñado polo Club de Atletismo A Canuda de Salvaterra club este que a pesar da súa mocidade conta con grandes logros deportivos conseguidos polos seus membros.
Unha hora antes terá saída a xa popular “Andaina do río” que sairá do Parque A Canuda, visitará a quinta de Teans, unha adega tradicional e varios puntos de interés pintorescos e históricos do municipio de Salvaterra así como as beiras dos ríos Miño e Tea onde se ubican as “Estacadas” para a pesca da lamprea. Dende a organización queren agradecer a todos os voluntarios que van axudar desinteresadamente a que todo sexa un éxito así como a todos os patrocinadores. Tamén piden disculpas os veciños dos concellos polos que transcorre a proba de 10 quilometros polas molestias que durante o percorrido lles poida causar, xa que a estrada estará cortada total ou parcialmente dende as 10:30 ata as 12:00pm, as estradas afectadas son as Rúas Entrecíns, PO-415 en As Neves e a PO-400 en Savaterra.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103