HOGAR
A actividade da APLU permitiu repoñer en 2015 a legalidade Urbanística en 154 casos, dos que o 90% foron restitucións voluntarias
O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, José Antonio Cerdeira, ofreceu hoxe en rolda de prensa un balance da actividade do organismo durante o pasado ano.
A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) conseguiu repoñer ao longo de 2015 a legalidade urbanística nun total de 154 casos (81 en Pontevedra, 53 na Coruña, 14 en Lugo e 6 en Ourense). Dentro desta cifra, hai que destacar que máis do 90 por cento destas restitucións realizáronse de xeito voluntario.
O director da APLU, José Antonio Cerdeira, ofreceu hoxe en rolda de prensa un balance da actividade deste organismo durante o pasado ano, no que o ente consolidou a súa actividade e prestou especial atención á protección do Camiño de Santiago.
Durante a súa comparecencia, recordou que a APLU é un ente de dereito público, que ten encomendado o control da legalidade urbanística en Galicia en relación cos actos e usos do solo realizados en solo rústico, e que sexan prohibidos ou suxeitos a autorización autonómica, así como na servidume de protección do domino público marítimo-terrestre.
Subliñou que a maioría das reposicións foron realizadas polos interesados para así evitar multas e sancións
Ademais, grazas á súa natureza consorcial, os concellos galegos poden adherirse á APLU de xeito voluntario, cedéndolle o resto de competencias que lles corresponden por lei en materia urbanística. Actualmente, hai 62 concellos adheridos (22 na Coruña, 20 en Ourense, 11 en Pontevedra e 9 en Lugo).
En todo caso, Cerdeira recordou que a Axencia intervén en “todos os concellos de Galicia en materia de solo rústico e na servidume de protección do litoral e, no caso dos concellos adheridos, asume a maiores as competencias que lles son propias”.
Así, as principais actuacións da Axencia baséanse en: inspección urbanística e tramitación de expedientes de reposición da legalidade urbanística e sancionadores; asistencia técnica e xurídica aos concellos adheridos; e formación e concienciación cidadá, a través de colaboración formativa coas universidades galegas, os colexios profesionais, e a formación de empregados públicos.
Cerdeira subliñou que o obxectivo da APLU é velar por un uso racional do solo e pola “protección do noso territorio, da nosa paisaxe”. Por iso, a Axencia ocúpase de repoñer a legalidade urbanística “en cada recuncho que se vai ocupando ilegalmente”. Grazas a este traballo, desde 2009 repúxose a legalidade de preto de 600 expedientes que reflectían ocupacións ilegais.
Balance en 2015
O director da APLU realizou un balance detallado da actividade rexistrado o ano pasado. Ao respecto, precisou que as 154 reposicións executadas supuxeron a maior cifra desde 2010. Con respecto a 2014, producíronse 25 reposicións máis.
Cerdeira destacou que, ademais das reposicións executadas de forma efectiva, tamén se pode facer balance dos expedientes administrativos de reposición da legalidade resoltos o pasado ano. En canto ás causas de inicio destes expedientes, o 41% deles foron iniciados pola APLU; o 23% por concellos; o 22 por cento por particulares; o 10% por Costas; e o 4% restante por outras autoridades.
De feito, o número de multas coercitivas impostas en 2015 é menor ao rexistrado en 2014
En concreto, en 2015 resolvéronse 367 expedientes ao abeiro da Lei 9/2002 de ordenación urbanística; e outros 49 ao abeiro da Lei de Costas, por estar en zona de servidume de protección de dominio público marítimo-terrestre. En ambos casos, trátase das cifras máis elevadas desde a constitución da Axencia.
Pola contra, as multas coercitivas impostas –de acordo ao fixado pola normativa- amosan unha tendencia inversa, e en 2015 foron inferiores aos dous anos anteriores, o que reflicte unha maior concienciación cidadá á hora de restituír os valores do noso territorio e da nosa paisaxe. En concreto, o pasado ano impuxéronse 520 multas, fronte ás 550 de 2014 ou as 586 de 2013.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184