DEPORTES
Máis de 125 alumnos e alumnas reciben o diploma de Técnicos e Directivos deportivos da Deputación
A deputada de Deportes, Chelo Besada, anunciou a convocatoria de novos cursos de formación para xestores de entidades deportivas.
![[Img #23137]](upload/img/periodico/img_23137.jpg)
A Deputación de Pontevedra fixo entrega o 18 de febreiro dos diplomas do III Curso de Formación Continua para Técnicos e Directivos de Entidades Deportivas, no que participaron 128 alumnos e alumnas, dos cales 75 eran técnicos e 53, directivos.
O curso ten por obxectivo proporcionar a monitores, xestores e traballadores dos clubs deportivos da provincia unha formación sólida, tanto en materia de dirección e xestión como en planificación do adestramento deportivo. A formación desenvolveuse nas cidades de Pontevedra e Vigo e constou de 12 horas teóricas distribuídas en dúas xornadas e mais un traballo práctico non presencial de 8 horas. En total, celebráronse catro cursos dirixidos a técnicos e técnicas e outros dous cursos para directivos e directivas.
O acto de entrega de diplomas tivo lugar no salón de plenos do Pazo Provincial e nel participaron a deputada de Deportes, Chelo Besada, a deputada delegada da área de Cohesión social e mocidade, Digna Rivas, e un representante de Sportis Formación Deportiva, a entidade que impartiu o curso.
Durante a súa intervención, Chelo Besada destacou a importancia de investir na formación de técnicos e directivos de entidades deportivas, dende monitores de escolas de base a adestradores de equipos de alto nivel, dada a excelente labor que desempeñan a diario con miles de deportistas. Ademais, sinalou que o programa de formación, que cumpriu xa tres anos, terá continuidade neste 2016 cunha nova convocatoria que incluirá novas materias e contidos.
Os cursos para xestores deportivos da Deputación de Pontevedra foron impartidos por profesores de recoñecido prestixio e cunha ampla experiencia profesional. A convocatoria gozou dunha excelente acollida entre as entidades deportivas da provincia. Só no 2015, rexistráronse máis de 200 solicitudes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149