Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 20 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

O BNG di que o Plan de Transporte “pouco ten que ver co inicial”

Miguel Anxo Aldea Moscoso, Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos di que o plan de transporte urbano para Mos proxectado inicialmente “era absolutamente inútil e que estaba abocada ao fracaso. Cun dúas rutas circulares de gran percorrido e con horarios totalmente alleos á realidade do uso que se podería dar, con dúas fecuencias de mañán e outras dúas  de tarde”.

 

Logo da súa presentación “o BNG puxo nun pleno a disposición de todos os partidos o que é o seu plan de transporte, moito máis completo en todos os sentidos. Obviamente parece que non caeu en saco roto, xa que o goberno utilizou parte do proxecto nacionalista, e o implementou na presentación que fixo estes días”.

 

Aldea dí que “aínda que non se queira recoñecer, debido á innata prepotencia do Partido Popular, o proxecto nacionalista deu sentido e futuro ao proxecto que se vai levar a cabo en Mos. Déronse conta de que o centro de saúde debe estar máis comunicado, e poñen tres frecuencias pola mañán e non dúas como ao principio; a saída é máis cedo, e non como inicialmente, e o percorrido moito se parece ao plentaexado polo BNG, pero aínda así alegrámonos de que se inicie”.

 

Aínda así, explica nun comunicado, “queremos facer notar que o transporte urbano do goberno é incompleto, fáltalle a terceira liña que plantexa o BNG, que serviría para a zona de Sanguiñeda, e parte de Pereiras, Mos o Polígono industrial, etc”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.