Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 22 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
TUI

“Pexegueiro, o Reino de Maléfica” gañadora do Entroido en Tui

“Funeraria Cantos Somos” foi segunda en comparsas e terceira en acompañamento musical, e “Xente Menuda, Menuda Xente” levouse o terceiro premio en comparsas e o premio especial do xurado.

[Img #23158]

 

A comparsa da Asociación Cultural e Xuvenil “O Mosteiro” de Pexegueiro  foi a gañadora do Desfile-Concurso de Entroido en Tui coa súa representación da película “Maléfica”. Tras ser aprazado o pasado luns día 8 pola choiva, hoxe o sol acompañou esta celebración, o que propiciou que miles de persoas se deran cita nas rúas novas da cidade para presenciar as creacións das catorce comparsas participantes chegadas de Tui, Tomiño, Salceda, O Porriño e Gondomar.


A comparsa “Pexegueiro, o reino de Maléfica” foi a gañadora en tres das catro categorías de concurso: comparsas, carrozas e acompañamento musical.  A comparsa de Pexegueiro foi a máis numerosa das participantes con 150 membros recreando aos diversos personaxes da película de Disney. A súa carroza emulando o dragón da película con movemento foi tamén a máis puntuada polo xuíces e tamén foi a mais valorada en acompañamento musical.


O segundo premio en comparsas foi para  a tudense “Funeraria Cantos Somos” cunha sátira que enterraba o martes de Entroido de Tui. A Asociación Carnavales de Mañufe  con “Xente menuda, menuda xente” cunha evocación do mundo da infancia levouse o terceiro, o cuarto premio foi para a Asociación Lembranzas da Terra de Guillarei por “Lembranzas Mexicanas”.  O quinto correspondeu á Asociación Cultural e Recreativa Arume de Malvas por “Bicho Malo Pillei”, o sexto premio en comparsas correspondeu á comparsas de Budiño “África Libre” cunha representación da fauna e das tribos en extinción.  O último premio, o sétimo, foi para “Furancho Os Macanudos”  da Asociación Cultural Grupo de Baile Balcón do Val Miño de Gondomar.


En carrozas o segundo premio corresponde a “Xente Menuda, Menuda Xente”, o tereceiro foi para a comparsa de Picoña, o cuarto para “O Borralliño” de Soutelo, o quinto para “Luces de Tomiño con “A India dende Tomiño”, o sexto recaeu en “Talismán África Libre”.


En acompañamento musical os premios foron para “Pexegueiro, o reino de Maléfica”, “Lembranzas mexicanas”, “Funeraria Cantos Somos” e “Furancho Os Macanudos”.  O único premio establecido en Fantasía recaeu na comparsas “Talismán África Libre”.


Amais o xurado decidiu establecer un Premio Especial para “Menuda Xente, Xente Menuda” da Asociación Carnavales de Mañufe polo desenvolvemento harmonioso de todos os elementos involucrados na comparsa, dende o vestiario, a posta en escena, a carroza,...


Resultado Desfile-Concurso de Entroido Tui 2016



Gañadores Comparsas
1º    Pexegueiro, O Reino De Maléfica        700 €
2º    Funeraria Cantos Somos                     600 €
3º    Xente Menuda, Menuda Xente            500 €
4º    Lembranzas Mexicanas                       400 €
5º    Bicho Malo Pillei                                   300 €
6º    Comparsa Talisman - “Africa Libre”      200 €
7º    Furancho Os Macanudos                    100 €

 

Gañadores Carrozas            
1º    Pexegueiro, O Reino De Maléfica                            400 €
2º    Xente Menuda, Menuda Xente                                300 €
3º    Comparsa De Picoña (Es Un Barco O Un Avión)    250 €
4º    Comparsa Borralliño - Soutelo                                 200 €
5º    Luces De Tomiño, A India Dende Tomiño               150 €
6º    Comparsa Talisman - “Africa Libre”                         100 €
7º    O Mundo Disney                                                        50 €

 

      Gañadores Acompañamento Musical            
1º    Pexegueiro, O Reino De Maléfica        200 €
2º    Lembranzas Mexicanas                       150 €
3º    Funeraria Cantos Somos                     100 €
  4º    Furancho Os Macanudos                     50 €    

 

         Gañadores Fantasia            
1º    Comparsa Talisman - “Africa Libre”         250 €

 

Premio Especial Xurado
Xente Menuda, Menuda Xente   

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.