PROVINCIA
Deputación aproba un convenio coa Fundación Celta de Vigo para o fomento das actividades deportivas entre a mocidade
A Presidenta, Carmela Silva, avanzou que nas próximas semanas a institución asinará outros nove convenios cos clubs de elite da provincia.
O goberno de Carmela Silva acaba de aprobar un convenio de 200.000 € para que a Deputación de Pontevedra e a Fundación Celta de Vigo colaboren na extensión cultural e fomento de actividades deportivas que beneficien á infancia e á mocidade da provincia de Pontevedra. A través deste convenio, divulgarase os valores da práctica deportiva e impulsarase a súa promoción entre a infancia e a mocidade da nosa provincia.
En concreto, a Fundación Celta de Vigo permitirá que escolares da provincia de Pontevedra poidan percorrer as instalacións do Museo do Real Club Celta de Vigo, coñecer a súa hemeroteca e observar os audiovisuais que alí se gardan para descubrir a historia dun dos clubs deportivos máis importantes de Galicia. Amais, tamén se persegue que as nenas e os nenos pasen un día agradable practicando actividades deportivas coas súas compañeiras e compañeiros baixo a tutela de profesionais especializados.
O convenio entre a Deputación de Pontevedra e a Fundación distribuirá, asemade, entradas para que xogadoras e xogadores das escolas de fútbol e escolas deportivas municipais poidan ver os partidos do Celta e bolsas ou descontos para que monitoras e monitores das escolas deportivas municipais da provincia poidan acudir a cursos que organice a Fundación Celta de Vigo.
Silva engadiu que "o noso compromiso co deporte é moi firme. Por iso, a Deputación asinará nas próximas semanas outros nove convenios similares cos clubs máis representativos da provincia". Trátase do Pontevedra C.F., Coruxo FC, Club Balonmán Cangas, S.D.Teucro, Club Atlético Guardés, Club Balonmán Porriño, Fútbol Sala de Poio, Gimnástia de Atletismo de Pontevedra e Club Ciclista Froiz.
A Presidenta da Deputación subrayou que " son convenios de patrocinio sometidos ó cumprimento de condicións e sometidos tamén ó control financiero. Non se trata de cantidades entregadas como regalos, como se facía antes, que non precisaban de xustificación algunha".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191