Mos
Corenta persoas participaron na primeira ruta de sendeirismo organizada polo Obradoiro de Emprego
As seguintes rutas están programadas para os días 12 e 19 de marzo
![[Img #23184]](upload/img/periodico/img_23184.jpg)
Preto de 40 persoas participaron o pasado sábado na ruta de sendeirismo que o Obradoiro de Emprego Mos coa Mocidade organizou polo Camiño de Santiago, iniciando o percorrido dende a Asociación de Veciños Santa Ana de Veigadaña, con remate no Santiaguiño, parroquia de Guizán.
Esta iniciativa xurde para animar ós veciños e veciñas a facer exercicio, evitar o sedentarismo, ao tempo que coñecen o entorno das parroquias mosenses. A programación inclúe un xogo de pistas e un concurso fotográfico das paisaxes das rutas.
As seguintes saídas están programadas para o 12 e 19 de marzo. Son de balde, pero é necesario inscribirse previamente no teléfono 986487786 de luns a venres en horario de 9:00 horas a 13:00 horas.
A saída das andainas faise dende o Concello ás 09:30 horas, onde un autobús leva aos participantes cara ó comezo da ruta. É necesario acudir con roupa e calzado cómodo, algo para comer no descanso, e unha bolsa para depositar os residuos da comida.
O día 12 de marzo, a ruta será a do Sendeiro do Louro, onde os participantes camiñarán arroupados pola flora típica de ribeira, coma salgueiros e ameneiros. Con comezo no barrio do Castro, e tamén unha duración aproximada de tres horas, neste caso a dificultade da ruta será baixa. É posible apuntarse ata o día 10 de marzo.
O día 19 de marzo realizarase a ruta dos Muíños de Pereiras que, cargados de historia e beleza, foron o sustento da supervivencia e vida do campo. Comezará na Igrexa San Miguel de Pereiras, onde tamén rematará. A dificultade desta ruta é baixa e, coma todas as andainas, ten unha duración de tres horas. O prazo de inscrición é ata o día 17 de marzo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22