O Porriño
O centro Comercial Aberto do Porriño (Morea) prepara xa a XIV edición de “Merca na rúa”
Será os días 12 e 13 de marzo
A Presidenta do Centro Comercial Aberto do Porriño– Morea da Asociacion de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), Dona Juana Pérez Rodríguez, e a xerente do mesmo, Noelia Conde, compareceron hoxe para informar da próxima celebración da XIV edición da feira de oportunidades “Merca na Rúa”, un evento que acada a súa XIV edición, deixando constancia con elo de que é, sen dúbida, un evento consolidado e de referencia na área.
O “Merca na Rúa 2016” celebraráse no mes de marzo, os vindeiros días sábado 12, dende as 10 horas da mañá ata as 21 horas da noite, na rúa peonil Ramón González e o domingo 13, dende as 11 horas da maña ata as 20:00 horas da tarde, no Parque do Cristo do Porriño, debido á celebración da Interruning do Porriño nese mesmo fin de semana .
Nesta edición, serán máis de 21 os establecementos que participarán no “Merca na Rúa”, o que supón unha ampla oferta de produtos aos asistentes. Textil, deportes, moda e complementos, confección, calzado, moda infantil, xoguete, pequeno electrodoméstico, marquetería, óptica, etc… serán entre outros moitos, algún dos servizos e produtos que non quixeron perderse a nova edición de “Merca na Rúa”.
Asimesmo, como noutras ocasións, o “Merca na Rúa” disporá de animación para nenos e nenas, coa presenza de inchables gratis para o seu disfrute.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85