Miércoles, 14 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 25 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Hoxe proxectarase no Teatro de Pontevedra “O que hai que facer para non ir ao mar. Unha viaxe a través do teatro galego”

[Img #23208]

 

O director e produtor Iago Vázquez dirixe “O que hai que facer para non ir ao mar”, unha longametraxe documental que fala acerca do teatro galego da segunda metade do Século XX dende a perspectiva de dous actores xa falecidos, Mariajo Mosteiro e Tuto Vázquez, popular rostro da TVG, visto en series como Mareas Vivas ou Padre Casares.

 

A proxección levarase a cabo este xoves 25 de febreiro no Teatro Principal de Pontevedra ás 21:00 horas. A entrada será de balde.

 

A filla de Tuto e Mariajo, Uxía, ten curiosidade por saber como foron os anos nos que os seus pais representaban funcións por todos os recunchos do país. Como xa non están, Uxía decide falar cos compañeiros e compañeiras de profesión dos seus pais. A época na que se centra o documental (1965-2000) é unha das máis interesantes de Galicia, tanto cultural como política.

 

Persoas tan influíntes no teatro galego como Manuel Lourenzo, Eduardo Alonso, Miguel Pernas ou Luisa Merelas conversarán con Uxía acerca dos difíciles comezos do teatro en galego, despois dunha dura postguerra.

 

Na proxección do documental estarán presentes o director e produtor da cinta, Iago Vázquez e a súa conductora, Uxía Vázquez, ambos fillos de Tuto e Mariajo. Ao rematar o documental haberá unha breve intervención de ambos no que responderán ás cuestións que o públco asistente lles formule.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.