Sábado, 08 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 26 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Mos presenta o seu programa con motivo do Día Internacional da Muller

A programación deste ano, orientada ó recoñecemento da figura das avoas, leva por título ‘Grazas avoa’.

[Img #23217]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura e Política Social mosense, Sara Cebreiro, presentaron esta semana a programación municipal con motivo do Día Internacional da Muller, que este ano se enmarca baixo o eslogan ‘Grazas avoa’.


O programa de actividades comezará o vindeiro martes, día 8 de marzo, co Acto Conmemorativo do Día da Muller, que terá lugar ás 12.00 horas nas instalacións da Piscina Municipal.


O sábado 12 de marzo no Auditorio do Centro Dotacional de Torroso, ás 18.00 horas, a compañía A Tropa de Trapo, contará historias de mulleres guerreiras a través da obra “Contos de nenas grandes e pequenas”, trala que se fará a entrega de premios do concurso infantil de relatos, con entrada libre e de balde ata completar aforamento.


Tamén no Auditorio do Centro Dotacional de Torroso, o domingo 13 de marzo, ás 19.00 horas, representarase, por parte do grupo de teatro das Mulleres en Igualdade de Mos, a función “As Ghaliñas de Mos”, novamente con entrada libre e de balde ata completar aforamento.


O Día Internacional da Muller, conmemorado cada 8 de marzo é recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.


Concurso Escolar de Textos ‘Grazas avoa’
Sobre o Concurso Escolar de Textos ‘Grazas avoa’ Cebreiro declaraba que “este ano queremos aproveitar esta xornada, para rendir unha homenaxe ás nosas avoas, ás que tanto lles debemos, polo tanto, o obxecto do concurso escolar de textos deste ano, consiste en reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das nosas avoas na sociedade, potenciando deste xeito a creatividade dos nosos escolares.”


Os textos participantes, entregados ata o 5 de marzo no centro educativo, na Biblioteca Municipal ou no Rexistro do Concello, poden estar escritos en galego ou en castelán e en calquera tipo de formato: tanto poético coma narrativo, descritivo, etc. Ademais de texto os rapaces poden engadirlle á súa creación debuxos, ilustracións, fotos, etc. Tamén poden empregar os materiais que desexen: lapis, bolígrafos, rotuladores, etc.; e o tamaño non pode exceder dun folio tamaño A4 por ambos os dous lados. O texto debe ser obra do/a propio/a neno/a, que ten que incluír ao final como mínimo, o seu nome, idade, enderezo, centro educativo e teléfono de contacto. Só se acepta un texto por persoa.


Establécense catro categorías de participación distribuídas en función das idades dos redactores: Categoría I: de 6 a 8 anos, Categoría  II: de 9 a 12 anos, Categoría III:  de 12  a 16 anos e Categoría IV: de 16 a 18 anos.
O gañador de cada unha das categorías será premiado cun vale por importe de 100 euros para libros e material escolar e un diploma.


O xurado que valorará os textos presentados a concurso está composto por diferentes técnicos/as municipais dos departamentos de Cultura e Política Social e terá en conta sobre todo a calidade e orixinalidade, así como os seus valores e mensaxes.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.