MOTOR
BMW i8 Protonic Red Edition
O BMW i8 Protonic Red Edition, que ofrecease durante un período limitado e que BMW expoñerá no salón do automóbil de Xenebra, é unha nova e exclusiva versión do coche deportivo híbrido enchufable. Con este modelo ofrécese ao cliente a posibilidade de adaptar ao innovador cupé deportivo ás súas preferencias persoais. Ao mesmo tempo, o Protonic Rede Edition marca o inicio dunha serie de modelos de edición limitada, cos que BMW ofrecerá diversas variantes de equipamento personalizado para o deportivo BMW i8.
![[Img #23222]](upload/img/periodico/img_23222.jpg)
A edición especial do BMW i8 que se empezará a fabricar a partir do mes de Xullo, será de cor exclusiva Protonic Red con trazos de acabado en Frozen Grey metalizado. Estas cores combínanse con lamias de aliaxe lixeira de cor Orbit Grey con radios de aluminio pintados mate. As lamias calzan pneumáticos de dimensións mixtas: 215/45 R20 os de adiante e 245/40 R20 os de atrás.
No interior o logotipo «i8» que aparece nos cabeceiros dos asentos dianteiros e a identificación «Protonic Red Edition» que se aprecia nos listóns embellecedores das portas, confírenlle un toque moi especial a este modelo que, de seu, brilla pola súa excepcional expresión estética. A tapicería dos asentos ten dobres costuras de cor vermella. Os gornecidos das portas e das partes laterais posteriores do habitáculo tamén teñen costuras dobres de cor vermella, de maneira que a expresión estética do habitáculo harmoniza á perfección coa cor exterior do vehículo. Os embellecedores da consola central e do taboleiro de instrumentos, con acabado de carbono, realzan a imaxe deportiva e moderna do BMW i8 que impera no seu interior. O mesmo sucede co acabado das manetas das portas. A panca selectora da caixa de cambios con aplicacións de cerámica de cor negra, así como os cintos de seguridade de cor gris e as alfombrillas especiais con bordos de pel e contrastantes costuras de cor vermella, completan a expresión individualizada do habitáculo.
O BMW i8 Protonic Red Edition empezarase a fabricar en xullo de 2016 na planta de Leipzig e unicamente poderase adquirir durante un tempo limitado. Concretamente, só se admitirán pedidos ata o final do presente ano.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149