MOTOR
Atopar cafeterías con só dicir “Necesito un café”
![[Img #23235]](upload/img/periodico/img_23235.jpg)
Ford Motor Company lanzará en Europa o seu novo sistema de comunicacións e entretemento SYNC 3, que permitirá aos condutores controlar os seus smartphones conectados e as funcións de audio, navegación e climatizador con comandos de voz aínda máis coloquiais.
SYNC 3 incorpora unha pantalla táctil de 8 polgadas redeseñada e un rendemento máis rápido. Con só pulsar un botón e dicir “necesito un café”, “necesito gasolina” e “necesito aparcar”, os condutores poderán atopar cafeterías, estacións de servizo ou parkings próximos, ademais de localizar estacións de tren, aeroportos e hoteis. O sistema, entón, guía ao condutor ao destino elixido grazas ao navegador.
O Sistema será presentado en primicia no Mobile World Congress de Barcelona equipado no novo Kuga, que Ford tamén vai presentar no evento. A compañía anunciou novas apps para o sistema que poden ser activadas mediante comandos de voz utilizando SYNC AppLink, que permiten aos condutores gañar diñeiro transportando paquetes, gravar e compartir clips de audio e consultar o parte meteorolóxico. SYNC 3 será lanzado en Europa este verán, e estará equipado nun principio no Mondeo, o S-MAX e o Galaxy.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149